ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 16 de marzo de 2007

XXI Convenio da Banca Privada
AEB rexeita as propostas sindicais en salarios
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
Polo Convenio Galego da Banca Privada.
 
Na reunión de hoxe, a Patronal dá contestación ás propostas sindicais en materia salarial dando unha explicación pormenorizada a todas aquelas cuestións que significan aumentos dos custes.

Negan por activa e por pasiva a perda de poder adquisitivo, explicando que cada convenio é un todo, e que cada negociación debe comezar de cero.

Fan unha referencia ás cláusulas pactadas nos anos 2003-2004 e 2005-2006, período no que todos os traballadores e traballadoras perdemos poder adquisitivo segundo o IPC, xa que estas cláusulas non tiñan carácter retroactivo.


Contestación AEB

Suba Salarial: non fan contraproposta, negan a perda salarial acumulada e propoñen que se o IPC real a fin de ano é máis baixo que a suba que se estableza, o persoal debería devolver o salario cobrado de máis.

Bolsa de vacacións: pretenden unha corrección da Bolsa de Vacacións establecendo unha media dos importes actuais e aplicándoa para todo o ano, independentemente do período vacacional que se disfrute, o que implica unha nova perda salarial.

Paga de beneficios: rexeitan calquera tipo de modificación que mellore a participación do persoal nos beneficios.

Retribucións en especie: propoñen incorporalas como un concepto retributivo máis na estrutura salarial do convenio.


Contestación CIG

No que respecta ás retribucións en especie, consideramos interesante a proposta polo que supón de aforro fiscal, pero para que isto sexa así os nosos salarios deberían ser decentes e non os que percibimos agora. Insistimos na perda histórica de poder adquisitivo e na necesidade de resolver esta débeda salarial acumulada. É imprescindible ánimo e vontade de negociar propostas concretas por parte da patronal e debe facerse unha adecuación entre salario, perda de poder adquisitivo e os inxentes beneficios que están a recoller os bancos, e lle lembramos á patronal que os artífices máis importantes da boa marcha das empresas somos os seus traballadores e traballadoras.

O tema da xornada quedou atrasado para o vindeiro día 20, no que teremos reunións de mañá e tarde.

Seguiremos informando...


Galiza, 15 de marzo de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfAEB rexeita as propostas sindicais en salarios
pdfPlataforma da CIG para o Convenio de Banca

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta