ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 22 de marzo de 2007

XXI Convenio da Banca Privada
AEB se repite: NON a todo
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
Polo Convenio Galego da Banca Privada.
 
As maratonianas xornadas dos días 20 (mañá e tarde) e 21 pola mañá serviron para que os sindicatos, tal e como marcaron no calendario de negociación, fixeran unha explicación pormenorizada e argumentada das súas propostas en materia de Xornada e Horarios, Carreira Profesional e Igualdade.


Propostas CIG

Xornada. Horario de 8 a 3, xerando emprego e mellorando as condicións laborais do persoal, librando todos os sábados do ano. Creación de mecanismos de control para evitar a extensión ilegal da xornada.

Vacacións. Incremento a 27 días hábiles sen contar os sábados.

Licenzas. Aumentar a 6 o número de días de libre disposición.

Premio aos 25 anos de servizo. Unha paga extra e 27 días hábiles máis de vacacións.

Carreira Profesional. Establecemento da Asimilación a Nivel VIII aos 20 anos de servizo na empresa. Establecer como nivel mínimo de entrada o nivel X.

Clasificación de Oficinas. Creación a nivel de empresa dun sistema de clasificación de oficinas que regule as cargas de traballo para fixar o número de persoas a asignar a cada oficina, tendo en conta o volume de negocio, o número de operacións, incremento dos obxectivos comerciais e persoal adscrito á rede de oficinas. Segundo esta clasificación, deberán asignarse niveis mínimos de persoal apoderado por oficina. Definición do nivel mínimo para ocupar cada posto no grupo de técnicos como se fai co posto de Director/a.

Igualdade. Creación dunha comisión a nivel de cada empresa pola Igualdade de Oportunidades que regule medidas para garantir a promoción profesional das mulleres no seo das empresas, eliminación da linguaxe sexista, regulación da figura do “acoso sexual”, garantir períodos de descanso, cambios de posto e excedencias a compartir por xestación, lactación e maternidade. Por suposto, tamén a adaptación e aplicación inmediata no ámbito laboral da Lei Orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes, aprobada recentemente polo Congreso.


Contestacións AEB

Xornada. Queren flexibilizar moito máis os horarios establecidos no artigo 25.3 do Convenio, sen pechar os sábados. Destes serían “beneficiarias” aquelas persoas que “voluntariamente” se acolleran a esa xornada flexibilizada.

Carreira Profesional. Segundo a Patronal non é necesario cambiar nada. Estudarán as distintas propostas sindicais da Asimilación ao Nivel VIII, para ver o custe que supoñen e darán algunha resposta máis adiante.

Igualdade. Contestan de forma xenérica e ampliarán a súa contestación despois da reunión do día 28. Din que a aplicación da Lei de Igualdade encarecerá enormemente os custes das empresas, e que os sindicatos aínda queremos melloralas. Por último afirman que a Banca cumprirá, como sempre, a Lei.

Á CIG xa non nos sorprenden as contestacións patronais, pois é o que vén acontecendo dende hai anos nas pasadas negociacións que, á súa vez, deron como resultado os sucesivos convenios que aumentan cada vez máis a nosa perda de poder adquisitivo.

Esperaremos a que remate o calendario previsto o día 28 para facer as últimas exposicións sindicais e escoitar as correspondentes negacións da patronal, e entón decidiremos cal será a liña a seguir.


Galiza, 21 de marzo de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfAEB se repite: NON a todo
pdfPlataforma da CIG para o Convenio de Banca

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/03/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta