|
Actualidade CIG-Comunicación-
Esta última sesión sen un asunto único a tratar como en anteriores xuntanzas, e baixo un xenérico epígrafe de “resto de temas”, non foi unha excepción a postura intransixentemente negativista da AEB.
Xornada. Horario de 8 a 3, xerando emprego e mellorando as condicións laborais do persoal, librando todos os sábados do ano. Creación de mecanismos de control para evitar a extensión ilegal da xornada. Contratación. Será en todos os casos indefinida, con un período de proba de 3 meses. Utilización de ETT's. Compromiso polas Entidades da non utilización do contrato de posta a disposición, e formación dunha bolsa de persoal contratado nos últimos anos por esta modalidade para a súa incorporación aos cadros de persoal das empresas. Persoas con discapacidade. Integración inmediata do 5% de traballadores e traballadoras con discapacidades. Saúde Laboral. Creación dun servizo Mancomunado Galego de Saúde Laboral. Recoñecemento dos postos de traballo que utilicen pantallas de ordenador como postos de traballo PVD. Implantación de medidas pactadas para facer fronte ao atraco como risco laboral. Posibilidade de recusar as Mutuas que xestionen as baixas. Previsión Social. Creación dun complemento de xubilación para traballadores/as posteriores ao ano 1980. Incremento das pensións de viuvez. Comisións Internas a nivel de empresa. Creación dunha Comisión para a Normalización Lingüística, que contribúa ao uso do galego nas empresas. Mobilidade xeográfica. Eliminación dos desprazamentos de ata 25 km na Galiza.
Que a inmensa maioría de todos estes temas están suficientemente contemplados no convenio colectivo, polo que consideran que deben desenvolverse particularmente nos distintos bancos. Tamén insisten -como en anteriores reunións- que outras propostas, polo encarecemento que supoñen, non son atendibles de ningún xeito. Seguen así coa súa teima de que calquera petición -por mínima que sexa- dispara custes e, en consecuencia, imposibilita chegar a acordos. O “non” por resposta está permanentemente instalado ante calquera pretensión de obter calquera tipo de mellora social ou económica. Haberá unha reunión o día 18 de abril, na que se tratará o tema de Igualdade de Oportunidades, e xa se fixou a data do 26 de abril para outra xuntanza, na que se fará unha valoración xeral sobre a marcha do convenio.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 30/03/2007 |
|||||||||||||||
|