ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 4 de abril de 2007

Tamén, até o día 15 de abril, o das escolas infantís
Aberto o prazo para solicitar axudas por filla ou fillo menor ao cargo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Escola infantil; clic para aumentar
A Secretaría da Muller tamén informa de que está aberto o prazo das escolas infantís até o próximo día 15 de abril. Pódese consultar a documentación e obter as instancias na páxina web de vicepresidencia.
 
A secretaria confederal da Muller da CIG, Elvira Patiño, informa de que no DOG de 3 de abril aparece publicada a Orde do 27 de marzo de 2007 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de tres anos para o ano 2007.

As axudas reguladas nesta Orde consisten na percepción dunha cantidade de 360 euros por cada filla ou fillo a cargo menor de 3 anos, para aquelas familias que por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2005 non tiveron a obriga de presentar a declaración da renda dese exercizo.

No caso de fillas/os adoptadas/os ou acollidas/os entre o 31 de decembro de 2005 e o 31 de decembro de 2006, a prestación concederase durante os tres anos posteriores á data da inscrición da adopción ou do acollemento no Rexistro Civil.

O prazo de presentación das solicitudes será de 40 días naturais a partir do día 4 de abril.

A Secretaría da Muller tamén informa de que está aberto o prazo das escolas infantís até o próximo día 15 de abril. Pódese consultar a documentación e obter as instancias na páxina web de vicepresidencia.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta