|
Actualidade CIG-Comunicación-
A CIG-Ensino denuncia que, neste acto, asistiron máis unha vez a esta falla de talante da Consellaría cando mesmo se tratou de impedir a realización desta protesta. A Federación de Ensino da CIG tamén fixo entrega doutra remesa de 1.200 sinaturas (e xa van máis de 8.000) e de resolucións de claustros de profesores rexeitando esta imposición. Alén diso, anuncia que continuará a recoller máis sinaturas e pronunciamentos dos claustros de profesores. A CIG-Ensino durante estes días leva realizando máis de 700 asembleas nos Centros Educativos nos que o profesorado está amosando a súa disposición a secundar a folga convocada para o día 3 e a asistir a manifestación que partirá da Praza do Toural ás 11:30 horas até a Consellaría de Educación. En todo caso, agarda que a Consellaría restabeleza o tipo de xornada que viña funcionando até o de agora, ou do contrario advirte que continuarán coas mobilizacións e a folga máis alá do día 3 até conseguir este obxectivo. |
||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 25/04/2007 |
||||||||||||||||||
|