ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 20 de abril de 2007

Convenio de Aforro 2007
Os estupefactos
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
Polo Convenio Galego de Aforro.
 
Unha vez máis a negociación do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros dá mostras da degradación máis absoluta do Marco de Negociación Centralista. Cando xa levamos 4 meses sen convenio, as Caixas aínda non fixeron ningún tipo de proposta na Mesa Negociadora, tratando de dilatar ata o infinito a negociación.

Deste xeito as empresas dominan os modos e tempos da negociación, ante a desesperación e a impotencia dos sindicatos estatais que renuncian a mobilizar aos traballadores e traballadoras do sector e que, aínda por riba, comezan a impacientarse e polo tanto son máis proclives a cesións innecesarias fronte a unha patronal que se caracteriza pola súa avaricia.

Na reunión da Mesa do día 19, a ACARL simplemente fixo un discurso economicista valorando cada unha das medidas propostas pola parte social dende a óptica do incremento dos custes empresariais. A patronal alegou que as reivindicacións sindicais deixan estupefactas ás Direccións das Caixas de Aforros. Acostumados como están a eliminar e recortar dereitos en cada Convenio Estatal, a reivindicación de melloras laborais cólleos por sorpresa, son “os estupefactos”.

Ante a falta de avances CCOO aceptou, agora si, a proposta realizada por UGT e CIG na pasada reunión, cando solicitamos un calendario de reunións fixando previamente as materias a tratar en cada unha das xuntanzas.

O vindeiro 8 de maio terá lugar a seguinte reunión.


Galiza, 20 de abril de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfOs estupefactos
pdfPlataforma da CIG para o Convenio de Aforro 2007

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 20/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta