ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 4 de abril de 2007

O 4 de abril entrégase unha nova convocatoria de paros
Éxito na folga dos centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga ITVs provincia Pontevedra, clic para aumentar
Folga ITVs provincia Pontevedra, clic para aumentar
Durante estas tres xornadas de folga houbo un seguimento do 100% do persoal, e sen incidentes. Pola mañá e desde as oito os traballadores estiveron a realizar piquetes informativos ás portas das instalacións, que permaneceron pechadas xa que no seu interior só permaneceron os xefes de estación. (Fotos: ©galizacig.com 30/03/2007).
 
As concentracións e paros de dúas horas nas quendas da mañá e da tarde destes 30 de marzo, 2 e 3 de abril desenvolvéronse sen incidentes e cun seguimento do 100% dos traballadores/as. Non pasou ningún coche a ITV e só permaneceron no interior das instalacións os xefes das estacións. Este mércores 4 de abril entregarase na Delegación de Traballo unha nova convocatoria de paros.

Os preto de 110 traballadores/as dos cinco centros de traballo que realizan as (ITV) inspeccións técnicas de vehículos na provincia de Pontevedra comezaron a semana pasada unha folga que continuará na vindeira semana do 16 con unha nova convocatoria de folga de non atender á empresa as demandas dos traballadores e traballadoras, con máis horas de folga os días 16 (3 horas), 18 (4 horas) e o 20 (6 horas). Os motivos son o incumprimento do Convenio do Metal, a xornada de traballo, a paga voluntaria e as vacacións.

Hai xa máis de dous anos e medio que os traballadores/as nas comarcas de Vigo, Pontevedra, Salnés e Deza de Supervisión y Control SA, a única concesionaria que ten contratada a Xunta de Galicia para realizar a ITV obrigatoria, inspeccións de todo tipo de automóbiles, comezaban a súa andaina de reclamacións e demandas como o cumprimento do Convenio Colectivo, a xornada de traballo (xa que teñen que traballar os sábados á tarde), a paga voluntaria (que é discriminatoria, e que veñen recibindo uns si e outros non, e non baixo criterios obxectivos) e as vacacións (non se respectan os tempos de vacacións que elixen os propios traballadores).

Cuestións como as condicións de traballo ou a saúde laboral nos postos de traballo son outras da reivindicacións que motivaron a decisión de levar adiante a convocatoria das mobilizacións.

Durante estas tres xornadas de folga houbo un seguimento do 100% do persoal, e sen incidentes. Pola mañá e desde as oito os traballadores estiveron a realizar piquetes informativos ás portas das instalacións, que permaneceron pechadas xa que no seu interior só permaneceron os xefes de estación.

Só no centro de Peinador por cada quenda de día en folga non pasaron a ITV cen vehículos cada día. Este mércores continuará a folga.

Os comités de Empresa de todas as ITVs de Galiza solicitaron unha reunión antes do día 14 de abril para tratar a súa situación laboral e valorar a posibilidade de sumarse a esta folga.

De feito, este mércores ás doce da mañá o Comité de Empresa da provincia de Pontevedra, xunto ao secretario comarcal da CIG Metal de Vigo, Manuel Simón, e Xoán Xosé Bouzas, secretario nacional de Acción Sindical da CIG Metal, entregarán na Delegación de Traballo de Vigo a nova convocatoria de folga, ante a falta de resposta e de vontade de diálogo da dirección da empresa.

 
 
Informacións relacionadas
21/03/2007 Os vindeiros 30 de marzo, 2, 3 e 4 de abril
Convocada folga en todos os centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta