|
Actualidade
Santiago, 27 de abril de 2007
Está convocada en defensa do mantemento
da xornada matinal continua
Fixados sen acordo os servizos mínimos da folga do 3 de maio no Ensino
| |
 |
| CIG-Ensino e o STEG convocaron folga do profesorado
afectado pola supresión da xornada matinal continua para o vindeiro xoves 3 de maio así como unha
manifestación en Santiago de Compostela, con saída ás 11:30 desde a praza do Toural até
a Consellaría de Educación.
(Foto: Profesoras e profesores concentrados o 18 de abril en todo o país amosaron seu rexeitamento á
eliminación da xornada lectiva continuada en horario matinal nos meses de xuño e setembro. ©galizacig.com). |
| |
Na mañá do xoves 26 de abril,
a CIG-Ensino foi chamada pola Consellaría de Educación para fixar os servizos mínimos para
a folga que ten convocada xunto co STEG para o día 3 de maio. A Consellaría fixounos malia non terse
chegado a un acordo.
A proposta presentada pola Consellería
consistía en:
- O director/a ou membro do equipo da dirección
en cada centro docente non universitario.
- O 25 % do persoal docente encargado de comedores
das escolas-fogar, garantindo un mínimo de dúas persoas.
Diante disto, a CIG-Ensino manifestou o seu desacordo,
facendo referencia a un auto do Tribunal Superior de Galiza (RJCA 2002/693), que declaraba abusivos os servizos
mínimos fixados pola Administración durante a folga xeral do 20 de xuño de 2002.
O Comité de Folga fixo patente a súa
discrepancia por estar en desacordo con que teña que haber presenza de director/a ou membro do equipo directivo
en centros de menos de 6 unidades.
En calquera caso, a Consellaría ratificou
a súa posición de levar a cabo a proposta presentada, se ben aceptou a suxestión da CIG-Ensino
de que non se pode entender que queden excluídos de dereito a folga e por tanto obrigados a cumprir servizos
mínimos o profesorado das escolas unitarias ou de centros rurais agrupados, sexan cargos directivos ou non.
|