ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 28 de abril de 2007

Por incumprimento do Convenio
Folga indefinida no sector Naval da provincia de Pontevedra desde o 3 de maio

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Estaleiro, clic para aumentar
A empresa Monesa (Montajes Nervión SA) négase a aplicar ningún tipo de porcentaxe de fixos no seu cadro de persoal. De feito, conta cun total de 250 traballadores, dos que só 8 son fixos, e que son os que conforman o persoal da estrutura de encargados.
 
Todos os sindicatos presentes nos estaleiros do Naval decidiron convocar unha folga a partir do 3 de maio, xa que aínda hai un grupo importante de empresas auxiliares que, logo de darlle prazos e ter actuado Inspección, continúan a non aplicar a porcentaxe de fixos obrigatoria do 45% establecida no artigo 8 do Convenio provincial do Metal asinado o ano pasado.

En concreto, o primeiro conflito xurdía xa na penúltima semana deste mes de abril coa empresa Monesa (Montajes Nervión SA) que se nega a aplicar ningún tipo de porcentaxe de fixos no seu cadro de persoal. De feito, Monesa conta cun total de 250 traballadores, dos que só 8 son fixos, e que son os que conforman o persoal da estrutura de encargados.

É unha folga convocada con carácter indefinido nos estaleiros e talleres destes estaleiros na provincia de Pontevedra. Esta folga afectará a máis de 6.000 traballadores/as.

Desde as centrais sindicais reclámase que se tomen medidas directas urxentes para aqueles estaleiros que contratan empresas auxiliares que non cumpren co Convenio provincial do Metal de Pontevedra, e que mesmo deberán ser expulsadas dos estaleiros, esixindo a continuidade dos traballadores que tiveran emprego nestes estaleiros noutras empresas do Naval.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 28/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta