ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 3 de abril de 2007

A propiedade social como cultura na transición socialista cubana
Intervención de Dario Machado no Seminario de México
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Dario Machado, clic para aumentar
vídeo wmvDescarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 8'03'', espazo en disco: 18.839.622 bytes [17,9 Mb]).
 
O profesor Dario Machado(1) fixo unha corta, porén importante intervención, no XI Seminario Internacional de México, organizado polo Partido do Traballo, no que resumiu o seu relatorio sobre “A propiedade social como cultura na transición socialista cubana”.

Dario Machado estivo en varias oportunidades en Galiza, convidado pola CIG, e volvera de novo no vindeiro mes de maio a fin de realizar algunhas charlas e conferencias. É autor de numerosos libros, entre os que podemos destacar o último: “Es posible construír el socialismo en Cuba?

Ten publicado ademais 11 libros, deles 5 como autor e 6 en coautoría. Entre eles: ‘Burocracia y Burocratismo’, ‘Nuestro propio camino: Análisis del proceso de rectificación en Cuba’, ‘Cuba: Ideología Revolucionaria’, ‘¿Es posible construir el socialismo en Cuba?’ (traducido ao catalán e publicado en Barcelona no 2005 e en proceso de publicación como libro de texto para o sistema educativo cubano) e ‘Los cambios en la estructura socioclasista’. Conta cunha edición electrónica e está en proceso de edición en papel pola Editora Pablo da Unión de Xornalistas de Cuba, un texto docente da súa autoría titulado ‘Curso introductorio á análise do contido ideolóxico do discurso’, verá a luz próximamente o seu libro ‘Pensar a sociedade, as ciencias sociais en Cuba’ e está traballando no título ‘A cultura política do cubano’. Actualmente traballa nun libro de varios autores coordinados polo MINED co título ‘Problemas da economía política da construción do socialismo’.



Nota:

(1) Licenciado en ciencias políticas e doctor en filosofia, investigador titular do Ministerio de Ciencias, Tecnoloxía e Medio Ambiente de Cuba, e profeesor titular adxunto do Instituto Inetrnacional de Xornalismo “José Marti”, da Universidade de Ciencias Informáticas e do Instituto Superior “Adriana Corcho”, membro do Consello Editorial da revista Cuba Socialista e Contracorriente, membro fundador do Consello Científico da Central de Trabajadoers de Cuba, presidente da Cátedra de Xornalismo de Investigación da Unión de Xornalistas de Cuba.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta