ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 21 de abril de 2007

En Vigo houbo manifestación e ocupación da Delegación do Sergas
Mobilización e convocatoria de folga xeral o xoves 26 pola carreira profesional xusta para todo o persoal

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Carreira xusta para todos/as xa!; clic para aumentar
Carreira xusta para todos/as xa!; clic para aumentar
En Vigo tivo lugar unha manifestación desde o Hospital Xeral que saíu ás 13:00 horas e que rematou no interior da Delegación Provincial do Sergas, e se volveron ocupar as instalacións para demandar unha carreira xusta e para todos e todas. (Fotos: ©galizacig.com 20/04/2007).
Carreira xusta para todos/as xa!; clic para aumentar
Por unha carreira profesional xusta no Sergas
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'42'', espazo en disco: 9.338.790 bytes [8,90 Mb]).
 
Este venres volveron as mobilizacións na sanidade pública pola carreira profesional, con paros de 12 a 18 horas e concentracións e manifestacións en todo o país. O vindeiro martes, e debido á forte presión dos e das traballadoras da sanidade, convocouse a Mesa Sectorial para abordar a negociación da carreira profesional. De non haber avances e mudanzas significativas xa está convocada unha folga xeral no Sergas para o 26 de abril.

O paro de seis horas (tres en cada quenda) do persoal non sanitario e técnicos superiores do Servizo Galego de Saúde tivo un seguimento maioritario no país, ao que acompañaron concentracións e mobilizacións nos distintos centros de saúde e fronte as delegacións provinciais do Sergas.

A mobilización céntrase de novo na reivindicación dunha carreira profesional digna e xusta para todo o persoal, e que non sexa desproporcionada ás que xa se teñen negociado noutras categorías como a de médicos ou enfermeiras.

Este colectivo, que agrupa a máis de 14.000 traballadores e traballadoras en toda Galiza, reclama que na negociación desta carreira se teña en conta a proporcionalidade e reciban un complemento retributivo xusto pola carreira profesional, os mesmos anos de percorrido profesional necesarios que sexan semellantes aos das outras categorías, que o persoal laboral e o funcionario non queden excluídas nesta carreira, e así como solucionar os conflitos que poda haber entre promoción interna e o mantemento da carreira profesional.

O martes 24 está convocada, debido á forte presión realizada cos paros e mobilizacións, a Mesa Sectorial que tratará a negociación da carreira profesional para estes colectivos. De non haber avances e en función do que decidan as asembleas de traballadores e traballadoras da proposta que presente o Sergas, o 26 de abril está convocada unha nova folga xeral no Sergas.


Manifestación desde o Xeral

Na Comarca de Vigo de novo nesta xornada de folga tivo lugar unha manifestación desde o Hospital Xeral que saíu ás 13:00 horas e que rematou no interior da Delegación Provincial do Sergas, no que de novo se volveron ocupar as instalacións para demandar esta carreira xusta e para todos e todas.

 
 
Informacións relacionadas
14/04/2007 En Vigo máis de 1.000 persoas saen ás rúas
Novas mobilizacións e folga pola carreira profesional
12/04/2007 Xan Cons, secretario nacional de CIG-Sanidade:
“A carreira profesional non pode servir para aumentar diferenzas entre os traballadores/as do Sergas”
02/04/2007 O departamento autonómico comprométese a mellorar a súa proposta para a Carreira Profesional
O Sergas negociará cos sindicatos tralos peches de delegados nos hospitais
30/03/2007 Convocouse ademais unha folga de dúas horas cun seguimento do 82,3%
Máis de 4.000 persoas maniféstanse en Compostela por unha carreira profesional digna e non discriminatoria
29/01/2007 A CIG-Saúde esixe unha Carreira Profesional non discriminatoria e digna para o persoal do Sergas
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta