ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 27 de abril de 2007

Máis de 4.500 traballadoras e traballadores saíron ás rúas
Novo éxito da folga xeral pola carreira profesional en toda Galiza

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Carreira xusta para todas e todos xa!; clic para aumentar
En Vigo, a manifestación baixou desde o hospital Xeral até a Delegación Provincial do Sergas en Policarpo Sanz. Nesta imaxe, percorrendo a Gran Via. (Fotos: ©galizacig.com 26/04/2007).
Carreira xusta para todas e todos xa!; clic para aumentar
Representantes da plataforma sindical pola carreira profesional ocuparon os balcóns da Delegación Provincial do Sergas, onde se deu leitura a un manifesto.
Carreira xusta para todas e todos xa!; clic para aumentar
Por unha carreira profesional xusta no Sergas
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'42'', espazo en disco: 9.764.326 bytes [9,31 Mb]).
 
Este xoves tiña lugar unha nova mobilización por unha carreira profesional non discriminatoria para os técnicos superiores sanitarios e o persoal non sanitario. O obxectivo era acadar un maior número de traballadores e traballadoras que se mobilizaran despois da folga xeral do 29 e na manifestación de Compostela. Cumpriron este obxectivo e situáronse mesmo por riba das expectativas, con máis de 4.500 traballadores e traballadoras nas rúas de Vigo, Ourense, Lugo e A Coruña.

Se o 29 de marzo na folga xeral pola carreira profesional xuntábanse, nun grande éxito de mobilización, máis de 3.500 persoas, desta volta, 26 de abril, nas rúas de Vigo eran máis de 1.500 traballadores e traballadoras do Sergas, máis de 2.000 en A Coruña, preto de 500 en Lugo e máis de 500 en Ourense.

Xan Cons, secretario nacional da CIG Saúde, avaliou “moi satisfactoriamente” esta nova mobilización e folga xeral “que amosa que esta loita non languidece e que, aínda que moitos nos acusaron de que só era unha cuestión electoralista que remataría o 18 de abril, continuaremos con forza reivindicando os nosos dereitos, e agora agardaremos que o Sergas mova ficha”.

A incidencia da folga mantense nun nivel moi alto, nun 78,7%, algo superior aos últimos paros parciais.

Para Xan Cons, este alto seguimento demostra que “non funcionou a táctica do Sergas, que era a de desmobilizar ao sector na mesa que mantivemos o mesmo martes desta semana. Non tiñan vontade de achegar posturas nin acordar nada senón que querían desmobilizar a unha parte do colectivo, en concreto ofrecía melloras para o grupo C e D, melloras orientadas a desmobilizar, e que deixaba fora ao grupo E, que é o que ten o nivel máis baixo de salario e no que están os pinches e celadores, por exemplo”.

O 8 de maio, de novo, está convocada unha folga xeral, que se repetiría o 15, 16 e que a partir do 22 de maio sería indefinida, de martes a venres todas as semanas.

Neste sentido, Cons subliñou que quedan pendentes temas importantes por resolver como “a discriminación respecto aos anos, a situación do persoal laboral e funcionario, e a discriminación que existe tamén respecto ao complemento salarial”. Cons engadiu que “a plataforma sindical e a unidade continúa forte, a partir de agora e até a nova convocatoria de folga xeral, e se non hai avanzos na negociación, a actividade vaise centrar en actividades de presión que consigan que o Sergas convoque de novo a mesa sectorial”.

De feito, este venres os traballadores e traballadoras do Sergas están convocados diante do Teatro García Barbón en Vigo, xa que María Xosé Rubio, conselleira de Sanidade, ven presentar o concurso de proxectos para o novo Hospital para Vigo, nun acto propagandístico, mentres o persoal do Sergas continúa en loita por unhas condicións laborais dignas.

 
 
Informacións relacionadas
21/04/2007 En Vigo houbo manifestación e ocupación da Delegación do Sergas
Mobilización e convocatoria de folga xeral o xoves 26 pola carreira profesional xusta
14/04/2007 En Vigo máis de 1.000 persoas saen ás rúas
Novas mobilizacións e folga pola carreira profesional
12/04/2007 Xan Cons, secretario nacional de CIG-Sanidade:
“A carreira profesional non pode servir para aumentar diferenzas entre os traballadores/as do Sergas”
02/04/2007 O departamento autonómico comprométese a mellorar a súa proposta para a Carreira Profesional
O Sergas negociará cos sindicatos tralos peches de delegados nos hospitais
30/03/2007 Convocouse ademais unha folga de dúas horas cun seguimento do 82,3%
Máis de 4.000 persoas maniféstanse en Compostela por unha carreira profesional digna e non discriminatoria
29/01/2007 A CIG-Saúde esixe unha Carreira Profesional non discriminatoria e digna para o persoal do Sergas
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta