|
Actualidade
A Coruña, 19 de abril de 2007
As asembleas de traballadores son as convocantes
dos paros e a CIG é a única central que os secunda
Os mineiros das auxiliares desmenten UGT e CCOO e sinalan que foron chamadas á folga
| |
 |
| Os mineiros de As Pontes e Meirama voltaron
cortar estradas o 18 de abril. (Foto:
Corte de tráfico fronte á central térmica de Cerceda. ©Gabriel Tizón 18/04/2007). |
| |
As asembleas dos traballadores das empresas
auxiliares do carbón de Meirama e As Pontes desmenten UGT e CCOO e aclaran que todas as centrais sindicais
foron chamadas a secundar as diferentes xornadas de folga, que só está a apoiar a CIG. A convocatoria
dos paros e mobilizacións foi decidida polos mineiros reunidos en asembleas durante o pasado mes de marzo.
Os operarios das auxiliares aseguran que UGT e
CCOO menten cando din que non sabían nada da convocatoria de folga no sector. Juan José Díaz,
voceiro da Coordinadora de Delegados das Auxiliares de As Pontes, indica que todos os sindicatos foron avisados
en tempo e forma da decisión adoitada polos traballadores de ir á folga. Díaz sostén
que as centrais foron notificadas por fax e mediante escritos entregados en persoa.
Alejandro Barreiro, portavoz dos mineiros das
auxiliares de Meirama, aclara que os operarios decidiron o calendario de mobilizacións e ir á folga
nunha asemblea celebrada o 3 de marzo. Asegura que lle concederon a todos os sindicatos un prazo que ía
até o día 16 dese mesmo mes para que comunicasen se se ían unir, ou non, á convocatoria.
Barreiro indica que só a CIG apoiou esta iniciativa.
Os traballadores achacan estas mentiras de UGT
e CCOO ao nerviosismo que están a padecer estes sindicatos, como consecuencia do rotundo éxito que
están a ter as diferentes xornadas de folga, pois en todas elas a actividade das minas de Meirama e As Pontes
estivo paralizada.
|