ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 18 de abril de 2007

Os traballadores de Meirama cortaron o tráfico ferroviario
entre A Coruña e Santiago durante media hora

Os mineiros das auxiliares endurecerán as medidas de protesta

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
Medio centenar de mineiros de Meirama cortaron a vía do tren na estación do lugar entre as 16:00 e as 16:30 horas do 17 de abril. (Fotos: ©galizacig.com 17/04/2007).
 
Os mineiros das empresas auxiliares do carbón de Meirama e As Pontes endurecerán as súas medidas de protesta perante a paralización do Plano Miner II e ante a negativa das empresas principais a recolocar os traballadores unha vez que se clausure a actividade extractiva nestas dúas concas galegas a finais de decembro.

O 17 de abril, na cuarta xornada de folga, a actividade en ambas minas galegas ficou paralizada novamente. A folga estenderanse até as 0:00 do 20 de abril. No tocante aos actos de protesta, medio centenar de mineiros de Meirama cortaron a vía do tren na estación do lugar entre as 16:00 e as 16:30 horas do 17 de abril.

Mentres, o
19 de abril os traballadores das auxiliares do carbón de Meirama e As Pontes concentraranse ás 10:30 horas diante do Edificio Administrativo da Xunta de San Caetano, en Santiago de Compostela. A intención é trasladarlles ao Goberno galego e ao seu presidente as súas reivindicacións. Esixen que Pérez Touriño faga valer a súa condición de titular da Xunta para que defenda, perante o Ministerio de Industria, os seus dereitos a gozaren de recolocacións e prexubilacións.

 
 
Informacións relacionadas
12/04/2007 A CIG esíxelle á Delegación do Goberno español que interceda ante a Comisión de Seguimento do Plan Miner II
Trescentos mineiros reclaman en A Coruña solucións para o persoal das auxiliares do carbón
11/04/2007 Haberá manifestación o día 11 de abril, que partirá ás 12 horas da praza da Palloza de A Coruña
Novo éxito da folga das auxiliares do carbón na segunda xornada de paro
29/03/2007 O paro foi total nas minas de Meirama e As Pontes
Seguimento do 100% da folga convocada pola CIG nas empresas auxiliares do carbón
23/03/2007 A CIG respaldou, desde o inicio, ás demandas dos traballadores
O Congreso aproba que os traballadores das auxiliares do carbón se beneficien das prexubilacións e recolocacións
14/03/2007 Os dereitos dos operarios das auxiliares seguen sen ser recoñecidos
A CIG apoia convocatoria a folga dos traballadores das minas de lignito de Meirama e As Pontes
29/01/2007 Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta