ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 21 de abril de 2007

Manteñen a folga dos sábados 21 e 28 á tarde
Os traballadores da ITV obteñen o compromiso dunha xuntanza a vindeira semana para solucionar o conflito

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga ITVs provincia Pontevedra, clic para aumentar
Centro de traballo da ITV en O Porriño no que os piquetes penduraban faixas e no que de novo non era permitida a entrada ao esquirol, José Luís Pérez, delegado da UGT.
Folga ITVs provincia Pontevedra, clic para aumentar
O centro de traballo da ITV de Peinador outra volta máis amencía pechado pola folga do persoal.
Folga ITVs provincia Pontevedra, clic para aumentar
Concentración diante do Edificio da Xunta na Praza da Estrela de Vigo. (Fotos: ©galizacig.com 20/04/2007).
 
Os traballadores da ITV volverán ao traballo polo compromiso obtido este venres de manter unha xuntanza a próxima semana coa empresa concesionaria deste servizo, a Consellaría de Traballo e a Consellaría de Industria para avanzar na solución deste conflito. De todos xeitos, convocaron xa folga para o 2, 3 e 4 de maio por se non houbera avances.

Este venres tiña lugar unha nova xornada de folga nos seis centros de traballo da Inspección Técnica de Vehículos da provincia de Pontevedra, que afectou a un total de 1.200 vehículos máis.

Os traballadores en folga concentráronse diante do edificio da Xunta na Praza da Estrela en Vigo de 11:30 a 13:30 para reclamar unha solución a este conflito no que as principais demandas continúan a ser: non traballar os sábados á tarde, o período de vacacións (que poda ser escollido polo traballador e non imposto pola empresa) e a paga voluntaria, que non sexa outorgada baixo criterios subxectivos.


Xuntanza na Delegación de Traballo

Unha delegación do Comité de Empresa, cos secretarios comarcais da Federación do Metal de Vigo da CIG, Manuel Simón, de Pontevedra, Marcos Conde, e o secretario nacional de Negociación Colectiva, Xoán Xosé Bouzas, mentres tiña lugar esta concentración ás portas da Xunta en Vigo foi recibida polo delegado de Traballo, que se comprometeu a que a vindeira semana posibilitaría que houbera unha reunión na que estarían presentes a empresa concesionaria da ITV, Supervisión y Control SA, a Consellaría de Industria, a Consellaría de Traballo e os traballadores afectados.

Os traballadores de todos os centros despois desta concentración mantiveron un xantar, despois do que tivo lugar unha asemblea con ampla participación, na que decidiron volver ao traballo con normalidade para a semana que entra, para amosar tamén deste xeito a súa dispoñibilidade e boa vontade para chegar a un entendemento coa empresa, xa que consideran que só están a reclamar unhas condicións dignas de traballo que deberan ser asumidas por todas as partes.


Manter os sábados á tarde

Neste sentido, decidiron manter a folga convocada de 13 a 19 horas dos sábados 21 e 28 de abril, xa que esta é unha das súas reivindicacións básicas, a de non traballar os sábados á tarde.

Ao mesmo tempo, presentaron no rexistro da Consellaría de Traballo unha nova convocatoria de folga para os días 2, 3 e 4 de maio, xa que no caso de que na xuntanza da vindeira semana non houbera avances, están decididos a continuar na loita pola reivindicación dunhas condicións dignas para os traballadores da ITV.

 
 
Informacións relacionadas
19/04/2007 Máis de 3.000 vehículos afectados en toda a provincia ao longo dos distintos paros parciais
Sexta xornada de folga nas ITV de Pontevedra que continuará este venres cun paro indefinido
17/04/2007 Continuará mércores e venres
Os traballadores da ITV da provincia de Pontevedra retoman a folga
04/04/2007 O 4 de abril entrégase unha nova convocatoria de paros
Éxito na folga dos centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra
21/03/2007 Os vindeiros 30 de marzo, 2, 3 e 4 de abril
Convocada folga en todos os centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta