|
Actualidade CIG-Comunicación-
Xoán Xosé Bouzas Aboi, secretario de Acción Sindical e Negociación Colectiva da Federación do Metal da CIG explica que “a empresa mantén a súa postura intransixente e impositiva, non dando ningunha oferta que propicie un marco para abrir unha negociación na que se poidan abordar as reivindicacións que o conxunto dos traballadores demandan”. Esta cerrazón leva a que moitos cidadáns non poidan pasar a ITV con normalidade, coa conseguinte demora que está a ocasionar as citas que están a dar con máis de 10 días de retraso e os máis de 5.000 vehículos que na provincia de Pontevedra non puideron acudir aos centros de inspección nestas 8 xornadas de paro. “As mostras que se están a dar por parte dos traballadores ao exercer o dereito á folga e propia realización de traballos con total normalidade nos días ou, neste caso, última semana como xa se fixera con anterioridade, non valeron nada”, afirma Bouzas Aboi. O próximo luns reunirase o Comité de Empresa para concretar as accións se van desenvolver nos próximos días. Alén diso, continúase coa folga convocada xa para os días 2, 3 e 4 de maio e para os sábados 5, 12, 19 e 26 de maio. |
|||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 28/04/2007 |
|||||||||||||||
|