ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 27 de abril de 2007

A marcha sairá ás 12:00 horas da Praza de Vigo
Presentada a manifestación do 1º de Maio en A Coruña

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Presentación 1º de Maio en A Coruña, clic para aumentar
O secretario comarcal, Paulo Carril, denunciou os diferentes pactos sociais subscritos entre os sindicatos españois, Goberno do Estado e patronal que debilitan o sistema público de pensións, conxelan os salarios e abaratan os despedimentos. (Foto: ©galizacig.com 26/04/2007).
 
A CIG presentou ante os medios a manifestación do Primeiro de Maio que percorrerá as rúas coruñesas. Ao igual que no resto de marchas que organiza a central por todo o país, os lemas elixidos son “Contra os recortes no sistema de protección social” e “Galiza Nación, Autodeterminación”.

O secretario comarcal, Paulo Carril, denunciou os diferentes pactos sociais subscritos entre os sindicatos españois, Goberno do Estado e patronal que debilitan o sistema público de pensións, conxelan os salarios e abaratan os despedimentos.

Explicou que o lema “Galiza Nación, Autodeterminación” está relacionado coa necesidade de dotar a Galiza dun marco de relacións laborais propio, con plenas competencias, que permita a dignificación das condicións da clase obreira galega. Carril remarcou a necesidade de que a Galiza conte con capacidade propia de negociación colectiva para evitar a perda de poder adquisitivo do proletariado galego e para facer fronte a fenómenos como o da deslocalización.

Na comarca coruñesa, a CIG centra tamén a campaña do Primeiro de Maio na defensa do emprego digno e do futuro industrial da bisbarra. A deslocalización está a azoutar a empresas como Henkel e Atento e perigan outros postos como os dos mineiros das auxiliares do carbón ou os dos mariñeiros afectados polo Porto Exterior. Santa Bárbara segue precisando un plan industrial e de futuro e os funcionarios municipais seguen sen ter unha catalogación digna dos seus traballos.

A CIG manifestarase o Primeiro de Maio en A Coruña, ás 12:00, desde a Praza de Vigo.

 
 
Informacións relacionadas
26/04/2007 “Galiza nación, autodeterminación” será o outro lema de cabeza das manifestacións
A CIG reclamará o 1º de Maio, en todas as cidades do país, “Non ao recorte das prestacións sociais”
18/04/2007 Falouse tamén de mutuas e violencia de xénero
Asemblea comarcal de delegados e delegadas en Vigo para preparar o 1 de Maio
16/04/2007 Os datos de Facenda indican que a pobreza real afecta hoxe a máis do 15% da poboación
1º de Maio: Contra os recortes no sistema de protección social
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta