ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 12 de abril de 2007

A CIG esíxelle á Delegación do Goberno español que interceda ante a Comisión de Seguimento do Plan Miner II
Trescentos mineiros reclaman en A Coruña solucións para o persoal das auxiliares do carbón

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
Perto de 300 traballadores das minas de Meirama e As Pontes participaron na manifestación que convocou a CIG o 11 de abril en A Coruña en demanda de solucións ao futuro laboral do persoal das auxiliares do carbón. (Fotos: ©galizacig.com 11/04/2007).
Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
Folga empresas auxiliares minas carbón Meirama e As Pontes; clic para aumentar
 
Perto de 300 traballadores das minas de Meirama e As Pontes participaron na manifestación que convocou a CIG o 11 de abril en A Coruña en demanda de solucións ao futuro laboral do persoal das auxiliares do carbón. A marcha concluíu diante da Delegación do Goberno español. Máis unha vez, a actividade destas dúas concas galegas ficou paralizada na terceira xornada de folga, que foi secundada ao 100%.

A CIG esixiulle en persoa ao delegado do Goberno español, Manuel Ameijeiras, que interceda ante a Comisión de Seguimento do Plano Miner II para que non volten ser conculcados os dereitos do persoal das auxiliares do carbón da Galiza. Segundo informan os traballadores que se entrevistaron co delegado do Goberno, este comprometeuse a informar os operarios das novidades que se vaian producindo.

Paulo Carril, portavoz da CIG na Mesa da Industria Auxiliar do Carbón da Consellaría de Industria, instou o Ministerio de Industria a que desbloquee a Comisión de Seguimento do Plano Miner II e ache solucións ao futuro dos mineiros das auxiliares de Meirama e As Pontes: “Non permitiremos que na reelaboración dos criterios para definir as recolocacións e prexubilacións volvan ser discriminados os traballadores galegos”, remarcou.

Carril referiuse a existencia de avances nos últimos tempos, ao se conseguir que non haxa ningún despedimento e “á importancia que supón o acordo aprobado no Congreso español a instancias do BNG que recoñece os dereitos dos operarios galegos das auxiliares a seren recolocados e prexubilados”. Porén, Carril remarcou que a materialización deste acordo parlamentar conseguirase “por medio da loita e da mobilización do sector”. Tamén reiterou que o éxito das xornadas de folga “evidencian o fracaso de UGT e CCOO”, centrais que se negan a secundar os paros acordados polas asembleas de traballadores.

 
 
Informacións relacionadas
11/04/2007 Haberá manifestación o día 11 de abril, que partirá ás 12 horas da praza da Palloza de A Coruña
Novo éxito da folga das auxiliares do carbón na segunda xornada de paro
29/03/2007 O paro foi total nas minas de Meirama e As Pontes
Seguimento do 100% da folga convocada pola CIG nas empresas auxiliares do carbón
23/03/2007 A CIG respaldou, desde o inicio, ás demandas dos traballadores
O Congreso aproba que os traballadores das auxiliares do carbón se beneficien das prexubilacións e recolocacións
14/03/2007 Os dereitos dos operarios das auxiliares seguen sen ser recoñecidos
A CIG apoia convocatoria a folga dos traballadores das minas de lignito de Meirama e As Pontes
29/01/2007 Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta