|
Actualidade CIG-Comunicación-
O pasado día 18, tivo lugar unha nova reunión da Mesa negociadora do Convenio de Banca. Na dita reunión falouse da adaptación ao convenio das medidas e modificacións que introduce a nova Lei para a Igualdade efectiva de mulleres e homes. Seguindo a súa liña de acción, a patronal deixou claro que só admitirá o que estritamente lle obrigue a Lei, nin máis nin menos. Dende a AEB intentouse abrir o debate da flexibilidade de horarios. Malia que negan que os bancos teñan interese en abrir todos os días polo serán, semella que pretenden facelo pola porta de atrás. Nunha mostra máis de prepotencia, AEB non tivo reparos en falar de flexibilizar horarios estendendo a xornada partida para todo o persoal o mesmo día que estaba previsto falar da conciliación da vida laboral e persoal. A vindeira reunión terá lugar o día 26 onde a AEB irá dando respostas (pensamos que negativas para non perder o costume), ás reivindicacións dos traballadores e traballadoras do sector presentadas nas anteriores xuntanzas polos sindicatos.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 20/04/2007 |
|||||||||||||||
|