ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 27 de abril de 2007

XXI Convenio da Banca Privada
A patronal responde... á baixa
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
Polo Convenio Galego da Banca Privada.
 
Na reunión do día 26 de abril da Mesa negociadora do Convenio Colectivo, e despois de lembrar que as reivindicacións sindicais implicaban un encarecemento dos custes nun 35%, a patronal fixo unha proposta na mesma liña dos anteriores acordos.


Proposta da AEB

Duración: 4 anos.

Salarios: Suba dun 2,5% para 2007. Resto dos anos un 2% con cláusula de revisión “atenuada”.

Dispoñibilidade do salario: Que o salario poda ser dispoñible voluntariamente para cobralo en especies “comprando” servizos que oferte o Banco.

Axuda alimentaria: Incrementar ata o mínimo legal.

Bolsa vacacións: Ponderación media, independentemente da data de disfrute.

Crédito vivenda: Incrementar o mínimo establecido ata os 90.000 euros.

Mobilidade xeográfica: Incrementar ata os 30 quilómetros ampliando tamén o seu posible uso.

Lei de Igualdade: Aplicación no sector cunhas pequenas pinceladas.


Resposta da CIG

Esta proposta da AEB está moi lonxe das reivindicacións dos traballadores e traballadoras do sector, seguen sen aportar solucións aos problemas actuais e sen introducir medidas que nos permitan participar da boa marcha das empresas.

Salarios: Garante unha nova perda de poder adquisitivo para os vindeiros 4 anos, que non pode ser xustificada pola situación das empresas.

Mobilidade xeográfica: Desregulariza totalmente a mobilidade xeográfica ampliando tamén o límite ata os 30 quilómetros. Punto especialmente lesivo na Galiza debido a orografía do país e a dispersión da poboación e polo tanto da rede de oficinas.

Bolsa de vacacións: Estamos ante un recorte inxustificado na bolsa de vacacións.

Crédito vivenda: O incremento do mínimo ata os 90.000 euros é claramente insuficiente, somos conscientes que esta cantidade non permite acceder a unha vivenda en ningunha das cidades do país pero tampouco no rural.

Lei de Igualdade e Axuda alimentaria: Ofertan pouco máis do obrigado cumprimento da lei.

A próxima reunión quedou fixada para o 18 de maio.


Galiza, 27 de abril de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfA patronal responde... á baixa
pdfPlataforma da CIG para o XXI Convenio da Banca Privada

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/04/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta