ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 25 de maio de 2007

“Non se pode cubrir unha emerxencia co noso compromiso social”
A CIG denuncia a situación laboral que padecen as/os traballadoras/es do 112

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  112 Emerxencias Galiza; clic para aumentar
Até o de agora están sendo os traballadores/as do cadro de persoal quen teñen que suplir a falta de persoal, a consecuencia, segundo Pavón “de que temos unhas administracións que recorren ás privatizacións para abaratar o que lle costa prestar servizos á poboación sen caer na conta de que a cambio pagan precariedade laboral e tamén un peor servizo”. En todo caso, Isabel Moares, traballadora do 112 matiza que se isto non se percibe socialmente “é pola profesionalidade e preparación de todos e todas as traballadoras do 112, algo que ten que quedar fora de toda dúbida”.
 
A CIG de Compostela vén de denunciar a situación laboral que se vive desde hai xa demasiado tempo no Servizo de Atención Telefónica de Emerxencias 112. Malia a representación sindical levar máis dun ano chamando a atención da empresa e da Administración para que se adopten medidas dirixidas a mellorar, de forma urxente, as condicións de traballo, de momento só recibiron largas.

Porén, desde a CIG afírmase que de costas ao cadro de persoal e a súa representación sindical se ten ampliado nun 20% a contrata que a Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia ten coa empresa MK Plan 21, SA. “O único que coñecemos é que isto vai repercutir en 12 novas contratacións, mais non soluciona nada se non se acompaña dunha mellora a fondo do tempo e as condicións de traballo, os descansos, as condicións económicas e sociais... algo que non se contempla”, explica Inacio Pavón, representante da CIG, quen engade que “precisamos un servizo de emerxencias cun cadro de persoal suficiente para que non se colapse, como até o de agora, cun día de chuvia forte, tan comúns no noso país”.

Até o de agora están sendo os traballadores/as do cadro de persoal quen teñen que suplir a falta de persoal, a consecuencia, segundo Pavón “de que temos unhas administracións que recorren ás privatizacións para abaratar o que lle costa prestar servizos á poboación sen caer na conta de que a cambio pagan precariedade laboral e tamén un peor servizo”. En todo caso, Isabel Moares, traballadora do 112 matiza que se isto non se percibe socialmente “é pola profesionalidade e preparación de todos e todas as traballadoras do 112, algo que ten que quedar fora de toda dúbida”.

A CIG da Comarca de Compostela alerta de que en poucos días comeza o período de maior risco de incendios forestais e Pavón advirte que “non queremos que se repita o caos do ano pasado”.

Isabel Moares lembra en todo caso que “este é o noso traballo e non se pode cubrir unha emerxencia, obxecto para o que existe o 112, co noso compromiso social como está pasando agora. É claro que se nos chaman para subir a traballar no noso tempo libre, no medio dunha situación de catástrofe ecolóxica como foi a do verán pasado non nos imos a negar, de feito a maioría do cadro de persoal subiu por propia vontade. Mais tamén é claro que así non pode funcionar un servizo de emerxencias xa que é o noso traballo e non é voluntariado polo que pedimos que se dignifiquen dunha vez as nosas condicións laborais”.

Logo de moito intentalo e de algúns plantóns de “moi mal gusto” por parte da directora Xeral de Protección Civil, Esther Rodríguez Saavedra, está prevista unha reunión este venres onde a CIG agarda que a Administración se tome en serio esta cuestión xa que do contrario “non imos permitir que chegue outro verán onde padezamos de novo unha situación como a do anterior”.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta