|
Actualidade CIG-Comunicación-
O secretario nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, asegurou que dado o contido do preacordo asinado “sería unha fraude aceptalo” xa que non contempla as principais demandas do profesorado. A proposta da Consellaría supón a desaparición definitiva da xornada reducida nos meses de xuño e setembro, co beneplácito dos sindicatos asinantes, e non garante a xornada continuada nestes meses, deixando unicamente aos centros o dereito de solicitala. A concesión desta xornada tería que pasar primeiro polo Consello Escolar e posteriormente a Consellaría decidiría en función da dispoñibilidade de transporte escolar se se concede ou non, algo que xa manifestaron que non poden garantir. Para a CIG-Ensino o preacordo só ten como obxectivo desconvocar a folga, tal e como recoñecen no propio título do texto. Mais precisamente, as organizacións asinantes non eran as que tiñan a iniciativa desta folga, senón que se sumaran a ela xa de xeito forzado. Deste xeito, CIG-Ensino ten convocadas asembleas en todo o país para informar dos contidos do preacordo e para escoitar a opinión do sector. As asembleas continuarán por todos os centros o próximo mércores 2 de maio para insistir na importancia de ir á folga o vindeiro día 3 e á manifestación que terá lugar ás 11:30 horas, con saída da praza do Toural, en Santiago, até as dependencias da Consellaría de Educación.
Para a CIG-Ensino é de especial gravidade que a Consellaría eludira ao organismo legal de representación do profesorado, que é a Mesa Sectorial, que se reunira por separado coas organizacións sindicais, e que se asinara un acordo con parte delas sen terllo trasladado á CIG, organización maioritaria no sector, co 40% da representatividade. Isto, feito en fin de semana, con nocturnidade e alevosía, mentres os centros de ensino estaban pechados e impedindo o funcionamento normal dos organismos. Á CIG-Ensino parécelle indecente
o comportamento das organizacións sindicais, que non tendo feito nada neste asunto, e mesmo criticando que
“nos movéramos por este tema, agora sexan quen asinen, en nome do profesorado, pasando por riba das miles
de sinaturas entregadas pola CIG-Ensino e os pronunciamentos dos claustros e o sentir de todo o sector, en defensa
do mantemento da xornada reducida e continuada”. |
||||||||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 01/05/2007 |
||||||||||||||||||||||||
|