ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 9 de maio de 2007

Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Edificios en construción, clic para aumentar
A Construción é un puxante sector económico con importantes beneficios empresariais que corren parellos á degradación das condicións laborais dos traballadores. Porén, os salarios reais, hoxe en día de subsistencia, están a sufrir unha perda importante en relación con anos anteriores e outros sectores económicos. (Foto: ©galizacig.com).
 
A Federación da Construción e Madeira da CIG convocou ás federacións deste sector de CCOO e UGT de Pontevedra para tratar de conseguir unha posición unitaria de cara a afrontar a situación de parálise na que se atopa o Convenio colectivo.

Esta convocatoria vén provocada pola negativa da patronal a negociar ningún convenio colectivo –nin autonómico, nin provincial– en tanto non se asine o Acordo estatal, que tamén está paralizado. A negativa da patronal ten provocado a ruptura das negociacións, o que levou a que a CIG, logo de debater a situación nos seus organismos e entre os delegados da Construción, tomase a decisión de impulsar mobilizacións no sector que se iniciarán neste mesmo mes de maio coa convocatoria dunha folga.

A Construción é un puxante sector económico con importantes beneficios empresariais que corren parellos á degradación das condicións laborais dos traballadores. Porén, os salarios reais, hoxe en día de subsistencia, están a sufrir unha perda importante en relación con anos anteriores e outros sectores económicos.

A Federación da Construción da CIG denuncia a elevadísima taxa de eventualidade, a sinistralidade, as xornadas abusivas (a xornada habitual é de 10 horas), os incumprimentos en materia de vacacións, pagamento de horas ou liquidacións, así como a descarada sobreexplotación de traballadores inmigrantes e os abusos cometidos ao amparo do contrato por obra. Condicións que configuran unha situación laboral de extrema precariedade.

A Federación da Construción e Madeira da CIG considera que o sector ten que levar un cambio radical nos seus aspectos sociais e salariais, polo que se fai imprescindíbel que as mobilizacións previstas para a negociación deste Convenio sirvan para consolidar unha nova situación nas relacións laborais que signifiquen un antes e un despois no Convenio colectivo da Construción de Pontevedra.

 
 
Informacións relacionadas
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta