ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 22 de maio de 2007

Non varía a primeira proposta da Consellería naqueles aspectos polos que se convocou ao persoal a mobilizarse e facer unha folga
CIG-Ensino considera unha fraude o acordo asinado por Educación, as patronais e outros sindicatos

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Incineración do defunto acordo no que se acepta a supresión da xornada reducida continua; clic para aumentar
Acto simbólico de incineración do acordo da Consellaría de Educación coas outras organizacións sindicais polo que aceptaba a supresión da xornada reducida continua nos meses de xuño e setembro, realizado o 16 de maio pola CIG-Ensino no transcurso dunha concentración de delegadas e delegados. (Foto: ©cig-ensino.com).
 
Diante do acordo asinado o luns día 21 de maio pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as patronais do sector e as organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, CCOO e USO, para o Ensino Concertado, a CIG-Ensino manifesta que é unha fraude para o profesorado do sector.

Alén diso, a CIG-Ensino manifesta:

• Asínase un acordo que non varía a primeira proposta que fixo a Consellería, sobre todo naqueles aspectos polos que se convocou ao persoal do sector a mobilizarse e facer unha folga. Lembramos que o lema das mobilizacións era: “polo mantemento da xornada matinal en xuño e setembro. Homologación xa!”.

• Con respecto ao tema da xornada non hai ningún avance, pois os catro primeiros apartados son exactamente iguais aos que aparecían na anterior proposta e deixan claro que non se acadan ningún dos obxectivos demandados.

• Da homologación, outro dos puntos que aparecía nas convocatorias de mobilizacións, tampouco se menciona nada no acordo.

• A única novidade que recolle o acordo asinado é:

No apartado oitavo, onde se fala de novo, como xa se facía na anterior proposta, da Comisión Tripartita, engádese que esta será dotada dun regulamento de funcionamento que permita fixar prazos e calendarios para abordar os puntos do acordo e as reivindicacións que quedan pendentes.

A CIG-Ensino, lonxe de ver este apartado como outro logro, considérao negativo e prodúcelle certa preocupación. Unha cousa é que exista un foro de negociación onde estean todas as partes implicadas para debater e negociar aqueles aspectos que afectan aos traballadores e traballadoras do sector, como xa existía e no que a CIG-Ensino participou activamente coas súas propostas, chegando mesmo a suscribir algúns acordos (recolocación, analoxía retributiva, etc), e outra moi distinta que se lle queira dar a este foro unhas atribucións que non lle corresponden, podendo condicionar as patronais (presentes nesa Comisión) a política educativa no noso país, participando na discusión de ordes, decretos, regulamentos, etc que afecten ao noso sistema educativo.

Para iso, manifesta que xa existe unha Mesa Sectorial de Ensino non Universitario e debe ser quen asuma esas competencias.

• Chama a atención que se sacrifique a unidade sindical, excluíndo claramente á CIG-Ensino das últimas reunións e convocatorias, cando existía unha plataforma conxunta presentada por todas as organizacións, mentres se propician encontros coas patronais para facer unha fronte común nas demandas diante da Consellería. O resultado final é o de sempre: aproveitar as lexítimas demandas do persoal para introducir outras que pouco teñen que ver coas súas condicións de traballo e si co incremento dos concertos a través de diversas vías.

 
 
Informacións relacionadas
10/05/2007 A participación do profesorado chegou até un 90% e a concentración en San Caetano reuniu a máis de 2.000 persoas
Éxito da folga do ensino privado concertado contra a eliminación da xornada continua reducida
08/05/2007 Mantén a convocatoria de folga no ensino privado concertado para o mércores 9 de maio
A CIG-Ensino convoca unha consulta ao profesorado sobre o calendario escolar
04/05/2007 Case 4.000 docentes participaron nunha manifestación que saiu da Praza do Toural e percorreu Santiago até a Consellaría
Folga masiva contra a eliminación da xornada reducida continua no mes de xuño e setembro
01/05/2007 Denuncia as manobras antidemocráticas e sectarias da Consellaría
para desmobilizar ao profesorado

A CIG-Ensino mantén a convocatoria de folga para o próximo día 3 de maio
27/04/2007 Está convocada en defensa do mantemento da xornada matinal continua
Fixados sen acordo os servizos mínimos da folga do 3 de maio no Ensino
25/04/2007 Fixo ademais entrega dunha nova remesa doutras 1.200 sinaturas do profesorado
CIG-Ensino dá cabazas a Educación en repulsa á imposición da eliminación da xornada continuada matinal
20/04/2007 CIG-Ensino e STEG convocan folga o xoves 3 de maio e manifestación en Compostela ás 11:30 desde a praza do Toural
Máis de 2.300 profesores/as concentráronse polo mantemento da xornada matinal en xuño e setembro
18/04/2007 O mércores 18 ás 19:00 horas en todas as Comarcas
CIG-Ensino convoca a todo o profesorado a concentrarse contra a proposta de calendario da Consellaría
17/04/2007 A eliminación desta pode ter unha incidencia negativa no alumnado
CIG-Ensino entrega no rexistro de Educación 6.425 sinaturas contra a supresión da xornada continuada
14/04/2007 Máis de un millar de mestres participaron na manifestación convocada en Compostela
O profesorado de Tecnoloxía, Plástica e Música súmase maioritariamente á folga pola maior carga horaria
11/04/2007 Paro e manifestación en Compostela o xoves 12 de abril polo recorte horario de Música, Tecnoloxía e Plástica
CIG-Ensino anuncia mobilizacións contra a proposta de calendario presentada pola Consellaría de Educación
31/03/2007 A CIG-Ensino valora positivamente esta decisión
A Consellaría de Educación vai reconsiderar a proposta de cargas lectivas da ESO
28/03/2007 CIG-Ensino lamenta esta posición inamovíbel a pesar de avalar a demanda máis de 5.000 sinaturas do profesorado en catro días
A Consellaría de Educación mantén a proposta de eliminar o horario en xornada matinal en xuño e setembro
24/03/2007 Protestan así pola redución de carga horaria nos ámbitos artístico e tecnolóxico, fundamentais na formación básica do alumnado
O profesorado de Plástica decide non participar nunhas xornadas da Consellaría de Educación
22/03/2007 A Consellaría retira a proposta de calendario ante a presión sindical
Preto de mil profesores/as secundan a mobilización convocada pola CIG-Ensino
21/03/2007 O mércores 21 de marzo, ás 11:30 horas, con saída da Praza da Quintana
Manifestación do profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica en Compostela
15/03/2007 Relixión incrementa o mínimo exixido fixado polo MEC, tendo maior carga docente que tecnoloxía, música e educación plástica e visual
CIG-Ensino demanda da Consellaría que reconsidere a súa proposta de currículo da ESO
06/03/2007 Denunciou que non se estea fomentando a participación do profesorado na elaboración dos currículos
CIG-Ensino lamenta a cerrazón da Consellaría a aceptar propostas de distribución horaria das materias da ESO
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta