|
Actualidade CIG-Comunicación-
A concentración tivo lugar este venres, pero o que en principio era unha concentración transformouse nunha manifestación que, cortando as rúas, se achegou até o interior das oficinas da Delegación Provincial do Sergas, na rúa García Barbón. No interior foron recibidos polo director Provincial, ao que lle trasladaron as súas reclamacións, que querían que lle fosen transmitidas tamén ao director xeral de Recursos Humanos do Sergas, e instaron a que se convoque xa a Mesa sectorial para avanzar nestas demandas. As demandas que continúan vixentes para este colectivo de traballadores e traballadoras do Sergas son a necesidade da reapertura da Mesa sectorial para renegociar as condicións laborais e retributivas; a redución da xornada laboral das 1.570 horas actuais ás 1.430 que ten calquera traballador ou traballadora do Sergas que traballe pola noite, como é o seu caso; que se retribúa a este colectivo as situacións de “penosidade laboral” ou especificidades propias do seu traballo que non poden pasar inadvertidas como é a turnicidade, a festividade ou a nocturnidade; que as horas que fan por riba da súa xornada laboral que teñan unha maior retribución (na actualidade o custe dunha hora “extra” no PAC é inferior a unha hora da súa quenda habitual); e, por último, que se solucione a situación da manutención, xa que nos centros nos que non hai manutención o que dan son só 6 euros ao día, e da igual que teñan que facer quendas de 24 horas ou de 8. Este venres 4 de maio terá lugar ás 10:30 da mañá unha xuntanza en Compostela de todos os traballadores e traballadoras dos PAC para analizar a situación actual, elaborar unha táboa reivindicativa común e pensar xa no próximo calendario de mobilizacións. Desta xuntanza participaran as organizacións sindicais. |
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 04/05/2007 |
|||||||||
|