ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 22 de maio de 2007

Están acusados de cometer un delito de coaccións nunha mobilización nas obras do Porto Exterior en 2005
Concentración nos Xulgados de A Coruña en apoio a oito mariñeiros denunciados

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Percebeiros e mariñeiros futuro e direitos solución xa, clic para aumentar
A Comisión de Afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña realizou unha concentración perante os Xulgados da cidade en apoio a oito compañeiros. (...) Por outra banda, aínda non hai novidades con respecto á resolución das indemnizacións ao colectivo. (Foto: ©galizacig.com 21/05/2007).
 
A Comisión de Afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña realizou unha concentración, o 21 de maio perante os Xulgados da cidade, en apoio aos oito compañeiros que tiveron que prestar declaración ese mesmo día ao estaren acusados de cometer un delito de coaccións durante unha mobilización en Punta Langosteira en maio de 2005. Todos estes traballadores do mar están a ser representados legalmente por Paulo Carril, secretario comarcal da CIG.

Os feitos polos que se lles imputa este delito aos oito mariñeiros producíronse o 25 de maio de 2005 en Punta Langosteira (Arteixo), lugar onde están emprazadas as obras da dársena exterior. O colectivo de afectados mobilizárase na zona para evitar que as voaduras que se estaban a efectuar sepultasen os compañeiros que alí aínda faenaban. Naquel mesmo día e mentres se instalaban os detonadores e explosivos, uns cen mariscadores e percebeiros, ademais de varios barcos de baixura, acudiran a traballar a Punta Langosteira.

Por outra banda, aínda non hai novidades con respecto á resolución das indemnizacións ao colectivo. A Autoridade Portuaria mantén que non compensará estes mariñeiros até que non haxa un dictame do Consejo do Estado.

 
 
Informacións relacionadas
14/04/2007 Esixen que se aborde de maneira definitiva a resolución satisfactoria as súas reclamacións
Os afectados polo Porto Exterior solicitan á Autoridade Portuaria a convocatoria da Mesa de Traballo
06/02/2007 Os afectados polo Porto Exterior desbloquearon os accesos á obra, que mantiñan pechados desde o pasado 29 de xaneiro
A CIG valora como un paso positivo o acordo entre os mariñeiros e a Autoridade Portuaria coruñesa
30/01/2007 A Autoridade Portuaria non ofrece solucións e os traballadores seguen sen recibir compensacións polo cese da súa actividade
Os mariñeiros afectados pola construción do Porto Exterior coruñés bloquean os accesos das obras
07/08/2006 A Autoridade Portuaria incumpre os compromisos cos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
19/06/2006 Presentaron alegacións á Instrutora do Expediente de Responsabilidade Patrimonial
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior responsabiliza ao PSOE da falta de solucións
11/04/2006 O novo alcalde non os recibiu e votou contra a iniciativa aprobada no Parlamento
Os afectados polas Obras do Porto Exterior de A Coruña critican a actitude continuísta de Losada
24/03/2006 Ínstase a que o Goberno español e a Autoridade Portuaria procedan de forma urxente ao pagamento das indemnizacións
O Parlamento de Galiza aproba apoiar as reclamacións dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
27/01/2006 Conseguido o seu obxectivo, poñen fin ao peche na Delegación Provincial
Os afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña serán recibidos pola conselleira de Pesca
03/11/2005 Levan meses agardando resposta as súas demandas
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña urxen unha xuntanza co presidente da Autoridade Portuaria
29/07/2005 A CIG demanda medios suficientes para atopar o corpo do traballador falecido no Porto Exterior
28/07/2005 CIG-Construción propón a CCOO e UGT denunciar ante a Inspección a morte do traballador do Porto Exterior
23/07/2005 Considera que a falta de prevención causou a morte do traballador o martes 19 de xullo
A CIG denuncia ás empresas encargadas das obras do Porto Exterior de A Coruña
22/07/2005 O sindicato presentará denuncia diante da Inspección de Traballo
Solidariedade da CIG coa familia do traballador finado en accidente de traballo nas obras do Porto Exterior
16/06/2005 Pecháronse nas dependencias da Consellaría de Pesca e fixeron unha pitada
Sonora protesta dos afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña
26/05/2005 Afectados polas obras do Porto Exterior
Mariscadores, percebeiros e barcos de baixura siguen faenando malia iniciarse as voladuras
19/05/2005 As perdas ascenden a 27,6 millóns de euros
O colectivo de afectados polas obras do Porto Exterior reúnese co presidente da Autoridade Portuaria
10/05/2005 O venres 13 de maio celebrarán unha asemblea xeral para avaliar a situación
Os afectados polo Porto Exterior de A Coruña adoptarán medidas ante o silencio das autoridades
30/03/2005 CIG e colectivos de afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan indemnizacións
26/02/2005 Os afectados pola construción do Porto Exterior de A Coruña demandan diálogo
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta