ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 4 de maio de 2007

Agresión e acoso dun delegado de UGT a traballadores da CIG
Continúa a folga nos centros de traballo de ITV con unha concentración fronte a Industria o venres 4

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Folga ITVs provincia Pontevedra, centro traballo Peinador, clic para aumentar
Folga ITVs provincia Pontevedra, centro traballo O Porriño, clic para aumentar
Os traballadores en folga dos centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra decidiron convocar unha concentración ás 12 da mañá este venres 4 de maio diante da Consellaría de Industria de Pontevedra. (Fotos: ©galizacig.com 04/05/2007).
 
Nos centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra, este venres continuará a folga desde as 10:30 até as 18:30, e continuará o sábado á tarde. Despois da concentración haberá Asemblea de traballadores para determinar novas xornadas de folga ou medidas de presión para desbloquear a situación actual.

Este 3 de maio volveron parar os centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra polas mesmas tres razóns polas que xa levan convocados once xornadas de folga: non traballar os sábados á tarde, o período de vacacións (que impón a empresa e non negocia cos traballadores), e a paga voluntaria, que non sexa outorgada baixo criterios subxectivos.

Dado a pasividade e a inmobilidade da Xunta de Galiza, e en concreto da Consellaría de Industria (empresa que é a que contrata a concesionaria do servizo de ITV), e a Consellaría de Traballo, os traballadores en folga dos centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra decidiron convocar unha concentración ás 12 da mañá este venres 4 de maio diante da Consellaría de Industria de Pontevedra.

O seguimento da folga continúa a ser do 100%, e están a pechar todos os centros de traballo durante as horas de paro. Ademais dos centros de Peinador, O Porriño, Curro, Pontebora, Lalín e Vilagarcía, a unidade móbil tamén está a seguir esta folga, e de feito obrigaron a esta unidade móbil a desprazarse desde A Estrada este mércores e este xoves e venres até Portonovo en Sanxenxo, pero os traballadores, malia ao desprazamento, continuaron co seguimento da folga.

Despois da concentración na Consellaría de Industria haberá unha nova Asemblea de traballadores para determinar que xornadas de folga novas se van convocar ou que novas medidas de presión se van levar adiante.


  Folga ITVs provincia Pontevedra, traballador agredido, clic para aumentar
O esquirol José Luís Pérez acudiu pola noite ás portas do domicilio persoal dun traballador da CIG para agredilo. O traballador tivo que ser atendido en Urxencias.
 
Agresión dun esquirol da UGT

Aínda que o seguimento da folga é total, no centro de traballo da ITV de O Porriño houbo desde o comezo da folga unha persoa, José Luís Pérez, delegado da UGT, que non participou da folga co resto dos seus compañeiros, senón que acudía todos os días de paros ao centro de traballo para amosar que non traballaba pola presenza dos piquetes, pero ameazou aos seus compañeiros e amosou sempre unha actitude anti-sindical e que atentaba contra a solidariedade entre os traballadores.

Do que nun comezo foron ameazas o pasado venres pasaron aos feitos, e este esquirol acudiu ás portas do domicilio persoal dun compañeiro da CIG Metal pola noite para agredilo. O traballador tivo que ser atendido en Urxencias, presentou denuncia ante a Garda Civil, pero aínda a día de hoxe atópase con este esquirol da UGT que o persigue a súa casa, que o acosa e que o ten ameazado de morte.

Tamén os outros compañeiros da ITV de O Porriño están ameazados polo esquirol, e estes traballadores tamén detectaron que este delegado da UGT os persegue até os seus domicilios particulares.

 
 
Informacións relacionadas
28/04/2007 O luns reunirase o Comité de Empresa para concretar as accións a desenvolver nos próximos días
Os traballadores das ITV de Pontevedra volven á folga este sábado
21/04/2007 Manteñen a folga dos sábados 21 e 28 á tarde
Os traballadores da ITV obteñen o compromiso dunha xuntanza a vindeira semana para solucionar o conflito
19/04/2007 Máis de 3.000 vehículos afectados en toda a provincia ao longo dos distintos paros parciais
Sexta xornada de folga nas ITV de Pontevedra que continuará este venres cun paro indefinido
17/04/2007 Continuará mércores e venres
Os traballadores da ITV da provincia de Pontevedra retoman a folga
04/04/2007 O 4 de abril entrégase unha nova convocatoria de paros
Éxito na folga dos centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra
21/03/2007 Os vindeiros 30 de marzo, 2, 3 e 4 de abril
Convocada folga en todos os centros de traballo da ITV da provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta