ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 30 de maio de 2007

Convenio de Aforro 2007
Carreira Profesional e Mobilidade Funcional
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
Polo Convenio Galego de Aforro.
 
O día 29 de maio tivo lugar a reunión prevista da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Caixas de Aforros na que estaba previsto abordar a materia relacionada coa Carreira Profesional. Por parte da CIG incidimos tamén en medidas que teñen como fin limitar e un dos puntos máis lesivos do anterior Convenio: a Mobilidade Funcional.

Cabe lembrar que pola Mobilidade Funcional a empresa pode impoñernos novas funcións sen que iso implique un ascenso de categoría ou nun incremento do salario, o que se traduce en que ninguén teña claro as súas funcións e nunha maior carga de traballo.

Carreira Profesional:

1. Alongar a carreira profesional do persoal administrativo ata o nivel VI (antigo Oficial Superior).

2. Eliminación do nivel XIII: é un nivel discriminatorio que abarata as contratacións temporais.

3. Calquera posto de apoderado/a ou con responsabilidade en calquera departamento ou oficina terá como mínimo nivel V, a consolidar en 2 anos.

4. Cando un traballador ou traballadora con contrato temporal sexa nomeado/a para un posto de responsabilidade, o contrato transformarase automaticamente en indefinido.

Mobilidade Funcional:

1. Creación dun catálogo de postos definindo as funcións de cada posto e o nivel salarial correspondente. Calquera posto de nova creación non recollido no catálogo profesional deberá ser negociado coa representación sindical.

2. Incluír ao persoal das Obras Sociais no Grupo profesional II.

3. Propoñemos tamén dividir o Grupo profesional I en dous subgrupos:

  • Grupo Técnico: do nivel I ao V.

  • Grupo Administrativos: do nivel XII a nivel VI.

Por parte das Caixas argumentan que a Carreira Profesional foi revisada no anterior convenio, polo que non é o momento de revisala. No referido a Mobilidade Funcional as empresas din que aínda está en rodaxe polo que non están dispostos a limitala.

A UGT apoiou a nosa petición para incluír ao persoal da Obra Social no Convenio regularizando a situación deste colectivo, reivindicación que non foi apoiada polos outros sindicatos.

A próxima reunión quedou fixada para o día 18 de xuño na que se tratará Igualdade.


Galiza, 29 de maio de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfCarreira profesional e Mobilidade funcional
pdfPlataforma da CIG para o Convenio de Aforro 2007

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta