ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 8 de maio de 2007

A patronal ASIME non asistiu á xuntanza convocada pola Consellaría de Traballo na que si estiveron CIG, CUT, CCOO e UGT
Marchas multitudinarias dos traballadores do Naval polo cumprimento do Convenio colapsan Vigo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Os traballadores do Naval colapsaron Vigo, clic para aumentar
Marchas multitudinarias polas rúas de Vigo e un seguimento masivo marcan este conflito. (Fotos: ©galizacig.com 07/05/2007).
Os traballadores do Naval colapsaron Vigo, clic para aumentar
Desde Barreras comezaban as marchas con cortes de tráfico polo centro de Vigo, desde Gran Vía...
Os traballadores do Naval colapsaron Vigo, clic para aumentar
... Praza de España...
Os traballadores do Naval colapsaron Vigo, clic para aumentar
... Urzaiz...
Os traballadores do Naval colapsaron Vigo, clic para aumentar
... cruce con Colón...
Os traballadores do Naval colapsaron Vigo, clic para aumentar
... Areal...
Os traballadores do Naval colapsaron Vigo, clic para aumentar
... de volta por Urzaiz...
Os traballadores do Naval colapsaron Vigo, clic para aumentar
... Venezuela...
 
Este luns 7 de maio volvían ás mobilizacións os traballadores do Naval, que desta volta volvían botarse ás rúas polo cumprimento do Convenio provincial do Metal asinado o ano pasado. Marchas multitudinarias polas rúas de Vigo e un seguimento masivo marcan este conflito.

De novo, e desde as sete da mañá, comezaban as asembleas nos distintos centros de traballo para determinar as accións da xornada e debater a situación do conflito. Así, preto das nove da mañá comezaban as marchas desde os distintos estaleiros.

Nos estaleiros da Ría de Pontevedra tamén tiñan lugar asembleas a primeira hora da mañá, nas que os traballadores decidiron realizar piquetes informativos.

Desde Barreras comezaban as marchas con cortes de tráfico polo centro de Vigo, desde Praza de América, Praza de España, Urzaiz, cruce de Colón e até os principais nós de comunicación do centro de Vigo, así como tamén na zona de Beiramar ou nos túneles de Bouzas, onde se unían tamén os compañeiros do estaleiro de Vulcano, que viñan de paralizar a rotonda do Porto durante 45 minutos e tamén de cortar a autopista nos dous sentidos durante 15 minutos.

Ás doce da mañá os traballadores partían cara á Praza do Rei, para celebrar unha asemblea, realizando novos cortes de tráfico.


A patronal non se senta

Ao mesmo tempo, ás 11:30 horas, as catro organizacións sindicais (CIG, CUT, CCOO e UGT) estaban convocadas pola Consellaría de Traballo e na súa Delegación a unha xuntanza á que acudiron. Finalmente, a Asociación de Industriais Metalúrxicos (ASIME) non apareceu nesta xuntanza, por considerar, segundo comunicaron mediante fax, que non hai nada que negociar, e acusaron aos traballadores de estar a prexudicar gravemente o sector.

Así o explicaba Miguel Malvido, secretario nacional da CIG Metal, que afirmou que “a patronal nos quere botar un pulso, e que conte con nós, que este sector xa está afeito aos conflitos longos”.

Miguel Malvido subliñou tamén a cantidade de empresas que pola Inspección de Traballo e as denuncias dos sindicatos desde novembro se viron na obriga de transformar un 75% dos contratos eventuais en fixos, pero que “continúa a haber un alto número de empresas das que se descoñece a porcentaxe de fixos e eventuais, e tamén outras moitas que continúan a incumprir a porcentaxe do 45% de fixos fixada polo Convenio provincial do Metal”. Malvido denunciou tamén a contratación eventual que se está a dar por fóra da bolsa de emprego, e a falta de regulación que está a haber sobre esta cuestión.

Miguel Malvido foi a única persoa que interveu nesta asemblea de traballadores para amosar a forza da unidade sindical, que continuará este martes desde os distintos centros de traballo.

 
 
Informacións relacionadas
05/05/2007 O luns retomarán as mobilizacións e asembleas
Miles de traballadores do Naval saen ás rúas na súa segunda xornada de folga
04/05/2007 Seguimento total nas rías de Vigo e Pontevedra
Concentracións nos estaleiros na primeira xornada da folga indefinida do Naval
28/04/2007 Por incumprimento do Convenio
Folga indefinida no sector Naval da provincia de Pontevedra desde o 3 de maio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta