ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 5 de maio de 2007

O luns retomarán as mobilizacións e asembleas
Miles de traballadores do Naval saen ás rúas na súa segunda xornada de folga

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Miles de traballadores do Naval nas rúas de Vigo, clic para aumentar
Na segunda xornada de folga polo cumprimento do Convenio provincial do Metal os traballadores do Naval de Vigo decidiron saír dos centros de traballo e percorrer as rúas da cidade.
Miles de traballadores do Naval nas rúas de Vigo, clic para aumentar
Miles de traballadores do Naval nas rúas de Vigo, clic para aumentar
  Miles de traballadores do Naval nas rúas de Vigo, clic para aumentar
  Desde os estaleiros de Barreras partían os traballadores do Naval ateigando Beiramar até o cruce de Colón, no que se agardou polos que viñan desde Vulcano.
  Miles de traballadores do Naval nas rúas de Vigo, clic para aumentar
  Miles de traballadores do Naval nas rúas de Vigo, clic para aumentar
  Percorrendo Urzaiz e Gran Vía, colapsando as rúas do centro de Vigo, os traballadores do Naval reclamaron o cumprimento do asinado o ano pasado no Convenio provincial do Metal. (Fotos: ©galizacig.com 04/05/2007).
   
Este venres preto das nove da mañá comezaban as marchas desde os distintos estaleiros da ría de Vigo, precedidas desde primeiras horas da mañá de asembleas en todos os centros de traballo para decidir que accións levar a cabo durante esta segunda xornada de folga. Marchas polo centro de Vigo e unha asemblea na Praza do Concello foron as medidas polas que se apostou.

Na segunda xornada de folga polo cumprimento do Convenio provincial do Metal os traballadores do Naval de Vigo decidiron saír dos centros de traballo e percorrer as rúas da cidade. Desde os estaleiros de Barreras partían os traballadores deste sector ateigando Beiramar até o cruce de Colón, no que se agardou polos traballadores que viñan desde Vulcano.

Desde aquí partiron até a chamada “Praza de España”, percorrendo Urzaiz e Gran Vía, colapsando as rúas do centro de Vigo e visibilizando con esta toma das rúas as demandas deste sector, que reclama o cumprimento do asinado o ano pasado no Convenio provincial do Metal, no referente á porcentaxe de fixos nas empresas que operan nos estaleiros das rías de Vigo e Pontevedra, así como outras cuestións como que a contratación eventual sexa xestionada a través da Bolsa de Emprego.

Os traballadores concentráronse durante algo máis de media hora na “Praza de España”, despois do que se desprazaron até a Praza do Concello, na que mantiveron unha asemblea. Nesta asemblea decidiron continuar con esta folga indefinida, xa que non houbo ningún achegamento por parte da patronal para solucionar este conflito, e anunciaron que continuarán o vindeiro luns “as mobilizacións con maior forza”.

 
 
Informacións relacionadas
04/05/2007 Seguimento total nas rías de Vigo e Pontevedra
Concentracións nos estaleiros na primeira xornada da folga indefinida do Naval
28/04/2007 Por incumprimento do Convenio
Folga indefinida no sector Naval da provincia de Pontevedra desde o 3 de maio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 05/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta