ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 9 de maio de 2007

A Consellaría de Traballo tamén fixo público o seu rexeite porque non permite garantir os postos en Galiza
O Comité de Empresa de Atento A Coruña rexeita o acordo asinado por CCOO e UGT

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Ningún despido máis en Atento; clic para aumentar
Atento anunciou que este acordo ía ser sometido á súa posible ratificación polo resto de sindicatos estatais que teñen presenza na empresa, pero que en ningún caso contaría coa CIG, xa que segundo a propia empresa “queremos negociar con sindicatos nacionales que tienen una perspectiva general; no negociaremos con sindicatos que defienden intereses localistas”. É dicir, non negociarán coa CIG porque defende os intereses das traballadoras e traballadores galegos. (Foto: ©galizacig.com).
 
O pasado venres tivo lugar unha reunión entre o Comité de Empresa de Atento A Coruña, a Dirección e a Consellaría de Traballo, na que estaba previsto que a empresa aportara unha solución para o persoal despedido e garantías de mantemento do emprego. No canto disto, Atento deu a coñecer que o día anterior pechara un acordo coas cúpulas de CCOO e UGT en Madrid.

Nesta mesma reunión, a empresa di que despois de reunirse co presidente de Telefónica, César Alierta, CCOO e UGT teñen chegado a un acordo con Atento, acordo que foi rexeitado polo Comité de Empresa de Atento A Coruña.

Segundo este pacto, no que se dan por bos os despedimentos, Atento pagará unha indemnización de 16 días por ano traballado ás persoas afectadas e, como contrapartida, CCOO e UGT xestionarán unha bolsa de emprego para a posible recolocación destas persoas. Para a CIG esta última medida é un engano, xa que continúa baixando a carga de traballo e Atento e Telefónica teñen previsto continuar coa deslocalización a León, Jaén, Perú e Colombia.

Atento anunciou que este acordo ía ser sometido á súa posible ratificación polo resto de sindicatos estatais que teñen presenza na empresa, pero que en ningún caso contaría coa CIG, xa que segundo a propia empresa “queremos negociar con sindicatos nacionales que tienen una perspectiva general; no negociaremos con sindicatos que defienden intereses localistas”. É dicir, non negociarán coa CIG porque defende os intereses das traballadoras e traballadores galegos.

A Consellaría de Traballo tamén fixo público o seu rexeite a este acordo entre Atento e as cúpulas de CCOO e UGT, xa que non permite garantir os postos de traballo en Galiza.

Na mesma reunión na que o Comité de empresa rexeitou o acordo de Madrid, aprobouse convocar asembleas de traballadoras e traballadores para informar deste acordo e avaliar a situación na cidade de A Coruña.

 
 
Informacións relacionadas
17/04/2007 A mobilización coincidiu coa convocatoria dunha xornada de folga de 24 horas
Os traballadores/as de Atento demandan a intervención da Xunta de Galiza cunha concentración en San Caetano
13/04/2007 Hai convocada unha folga para o 16 de abril
O Comité de Atento pide á Xunta que obrigue a empresa a readmitir os despedidos
27/03/2007 Estas autorizacións poden pór os alicerces dun novo proceso de deslocalización das empresas de Telemárketing de A Coruña
A CIG esíxelle ao Goberno español que paralice a cesión de datos de usuarios de telefonía ao estranxeiro
24/03/2007 “En defensa do emprego, ningún despido máis” foi o lema da marcha
5.000 persoas bótanse ás rúas coruñesas na defensa dos postos de Atento
23/03/2007 Mónica Díaz, vicepresidenta do Comité de Empresa de Atento en A Coruña e delegada da CIG:
“Familias enteiras viven do Telemárketing en A Coruña”
21/03/2007 A xuntanza mantida entre empresa e sindicatos, baixo a mediación da Inspección de Traballo, foi infructuosa
Atento fai efectivos os 179 despedimentos en A Coruña
17/03/2007 Xa houbo reunións co alcalde e a Inspección de Traballo
Continúa o conflito polo futuro de Atento en A Coruña
O BNG presenta varias preguntas no Congreso acerca da actuación policial do pasado 15 de marzo en A Coruña
Aumenta a repulsa popular á carga contra traballadoras e traballadores de Atento
16/03/2007 Insta á Consellaría de Traballo a que constitúa unha mesa de negociación coa empresa e mais os sindicatos
A CIG denuncia a carga contra os traballadores/as de Atento e esixe a dimisión da subdelegada do Goberno
15/03/2007 Empregados e empregadas aumentarán as medidas de presión
Atento despide 179 traballadores/as en A Coruña
14/03/2007 Xa foron despedidos 18 traballadores na sede coruñesa desta filial de Telefónica
Os empregados/as de Atento en A Coruña mobilízanse na defensa dos seus postos
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 09/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta