ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 12 de maio de 2007

Na comarca participarán arredor de 4.000 alumnos pertencentes a máis de 30 centros educativos
O Correlingua 2007 chega a A Coruña o martes 15 de maio

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Presentación do Correlingua 2007 en A Coruña; clic para aumentar
O 15 de maio participarán no Correlingua en A Coruña arredor de 4.000 alumnos e alumnas pertencentes a máis de 30 centros. (Na foto, de esquerda a dereita, Eduardo Álvarez (secretario comarcal da CIG-Ensino), Anxo Gómez (responsábel comarcal do Correlingua) e Celia Armas (CIG-Ensino). ©galizacig.com 11/05/2007).
Correlingua 2005 en A Coruña; clic para aumentar
O Correlingua no é só unha carreira que se produce nun día concreto; serve tamén para propor e dinamizar actividades en relación co idioma nos centro educativos a través de xogos, propostas didácticas, de concursos (manifesto, banda deseñada), etc. (Fotos: Correlingua 2005 en A Coruña. ©galizacig.com).
Correlingua 2005 en A Coruña; clic para aumentar
Correlingua 2005 en A Coruña; clic para aumentar
 
O 15 de maio participarán no Correlingua en A Coruña arredor de 4.000 alumnos e alumnas pertencentes a máis de 30 centros. Van chegar rapaces e rapazas de moitos concellos: A Coruña, Oleiros, Arteixo, Carballo, Carral, Vimianzo, Muxía, Camariñas, Malpica, Ponteceso...

Desde hai varios anos, xa estamos na sétima edición, a CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, A Mesa Pola Normalización Lingüística, os Equipos de Normalización Lingüística e os Concellos de Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Lugo veñen organizando unha actividade coñecida como Correlingua, que ten carácter nacional e que percorre as comarcas da Galiza transmitindo unha mensaxe común: o dereito a medrar en galego, a ser educados en galego, a vivir en galego os nenos e nenas, mozos e mozas do noso país.

O Correlingua no é só unha carreira que se produce nun día concreto; serve tamén para propor e dinamizar actividades en relación co idioma nos centro educativos a través de xogos, propostas didácticas, de concursos (manifesto, banda deseñada), etc.


Programa do Correlingua 2007 en A Coruña (15 de maio)

10:30-11:00 horas
-Chegada dos autobuses á Torre de Hércules.

11:05 horas
-Saída da Carreira.

11:30-11:45 horas
-Chegada ao Xardín de Méndez Núñez.

11:45 horas
-Presentación da festa final.
-Lectura do manifesto.
-Actividades da comarca.
-Concurso de pancartas conmemorativas da celebración.
-Sorteo de agasallos entre o alumnado participante.
-Actuación do grupo teatral Chévere.
-Actuación do Xabarín Club da TVG.

13:00 horas
-Remate do Correlingua 2007.

13:30 horas
-Saída dos autobuses.

Itinerario da carreira en A Coruña:

Torre de Hércules, Avenida de Navarra, Rúa da Torre, Campo da Leña, Costa de Santo Agostiño, Praza de María Pita, Rúa Rego de Auga, Rúa Real, Cantón Grande e Xardín de Méndez Núñez.

Máis información:

www.correlingua.org e correlingua@correlingua.org.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta