ActualidadeVolver a Actualidade


A Coruña, 16 de maio de 2007

Catro mil rapaces e rapazas da cidade e das comarcas limítrofes reivindican o idioma nesta carreira popular
O Correlingua tomou as rúas de A Coruña

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Correlingua 2007 en A Coruña; clic para aumentar
A marcha comezou na Torre de Hércules e proseguiu por diferentes rúas coruñesas até concluír nos Xardíns de Méndez Núñez. (Fotos: ©galizacig.com 15/05/2007).
Correlingua 2007 en A Coruña; clic para aumentar
Correlingua 2007 en A Coruña; clic para aumentar
Correlingua 2007 en A Coruña; clic para aumentar
Correlingua 2007 en A Coruña; clic para aumentar
Uxía Lema, do CEIP Os Muíños de Muxía, foi a encargada de ler o manifesto do Correlingua 2007.
Correlingua 2007 en A Coruña; clic para aumentar
As actuacións do grupo teatral Chévere e do Xabarín Club puxeron fin ao acto.
Correlingua 2007 en A Coruña
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'00'', espazo en disco: 7.885.732 bytes [7,51 Mb]).
 
As expectativas non fallaron e o Correlingua 2007 foi todo un éxito en A Coruña. Baixo o lema “Galegando”, algo máis de 4.000 alumnos e alumnas de máis de 30 centros educativos da cidade e de diversas comarcas galegas participaron o pasado 15 de maio nesta carreira popular, que xa vai pola sétima edición.

A marcha comezou na Torre de Hércules e proseguiu por diferentes rúas coruñesas até concluír nos Xardíns de Méndez Núñez, onde o grupo Rumor, conformado por alumnos do IES de Sabón (Arteixo), ofreceu un concerto de rock. A nena Uxía Lema, do CEIP Os Muíños de Muxía, foi a encargada de ler o manifesto do Correlingua 2007. Posteriormente, as actuacións do grupo teatral Chévere e do Xabarín Club puxeron fin ao acto.


Manifesto do
Correlingua 2007

Lido en A Coruña por Uxía Lema, alumna de seis anos do CEIP
Os Muíños de Muxía


Galegando…

Galegando o que?

Galegando… o galego que só se fala ao pé do lume, vaise a pique!

... a pique tería que ir esta senrazón que desde logo che fende o corazón

... e féndeche o corazón cando a Movistar chamas a Orange ou Vodafone e, por non entenderte, nin piden perdón…

Eu teño que entender, VOSOTROS non, e, do dereito e do revés, ti, galego, un dogal tes.

... nin dereito a ir ao cinema, pagar a entrada, e oír a Brad Pitt na propia lingua ocultada

... sería un pracer, si señor, tamén oír o “x” de xamais, xeo, xunco, xogo... a Scarlett Johansson...

Un pracer que ninguén... merlo, raposo, lobo ou rata debería nos quitar sen unha boa tunda gratis levar!

... que os galegos non precisan espertar, que xa non dormen!

... que o poder nega ao galego o deber de o aprender!

... que espertar deberían aos que lle rouban o sono, moedas voadoras que non hai forma de as cambiar!

... é nós xa sabemos que o galego está no toxo, por xenuíno, flor do reino coa do liño!

Nós sabemos, outros fan que non saben.

Os de Wanadoo, Jazztel, Fenosa non estudaron que Galiza é fermosa, claro que non!, porque estudaron xeografía sen saber onde estaba Galiza, pero agora deberíano saber xa que hai atlas en galego para ler e aprender!

Só que as grandes empresas están en plan de ironía e sobre Galiza non queren ter sabedoría!

Porque entre o lume e a paixón o galego, nos galegos, vive no seu corazón!

Porque Galiza é a nosa xente, o galego a nosa fala e por moito que nos digan...

... a nós ninguén nos cala...

NINGUÉN NOS CALA!

 
 
Informacións relacionadas
12/05/2007 Na comarca participarán arredor de 4.000 alumnos pertencentes a máis de 30 centros educativos
O Correlingua 2007 chega a A Coruña o martes 15 de maio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta