|
Actualidade CIG-Comunicación-
Coincidindo coa manifestación do 8 de maio, o comercio de Cabanas pechou en solidariedade co cadro de persoal do Hotel Sarga. Este estabelecemento, que permanece aberto 8 meses ao ano, comezará a nova temporada dous meses máis tarde do habitual. Os empregados/as interpretan esta demora como un síntoma do posíbel peche do recinto. O grupo propietario do Sarga non pode acometer obras de mellora do edifico debido a unha denuncia presentada por un veciño próximo ao partido Iniciativa Veciñal Cabanesa (IVC). Os traballadores/as sinalan que, detrás da actuación do denunciante, existen intereses sobre os terreos do hotel. Os empregados/as temen que, ante os obstáculos urbanísticos para acometer os traballos de modernización do edificio, o grupo propietario opte por pechalo. Explican que o Hotel Sarga é a maior empresa do Concello de Cabanas. Por tanto, os traballadores esixen á Corporación municipal que se conciencie da gravidade do problema e que elabore un Plano Xeral de Ordenación Municipal que garanta a continuidade deste estabelecemento hoteleiro. |
|||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/05/2007 |
|||||||||||
|