|
Actualidade / Artigo Folga europea na General Motors: unha pedra
no zapato da patronal Yannick Peeters-
A folga tivo éxito, e convirte a acción europea nunha arma contundente fronte a unha multinacional do xénero da GM. En Alemaña, Franza, Inglaterra, Suecia, o Estado español, Rusia e Hungría, desenvolvéronse accións nas factorías GM. En varias delas, houbo paradas de 3 horas. Na meirande parte das fábricas, fixéronse tamén mitins informativos. A solidariedade amosou que todas as factorías camiñaban ao unísono atrás dos obreiros de Amberes. Na propria Amberes, esta xornada de acción consisteu antes que nada nun desfile de moreas de delegacións solidarias pasando polo piquete, como fixeron a direción nacional da CSC (Confederación de Sindicatos Cristiáns) e Pieter Scherrer, presidente do sindicato europeu do Metal, que declarou: " esta acción amosa que a solidariedade é posíbel. Transmitiremos a ameaza da perda de empregos no sector automotor ao Parlamento europeu e aos políticos europeus. " Esta acción europea dos traballadores de GM e a folga de Amberes fan moito dano á GM. Ao negárense os traballadores do centro técnico de Rüsselsheim á realización de horas extras, o lanzamento da nova Vectra vése moi comprometido. Coa folga de Amberes, un bó número de factorías GM en Europa poden ficar escasas de pezas. En Amberes, o Press-Shop, que produce os repostos para outras fábricas, tamén está en folga. A acción europea do pasado xoves foi un éxito e leva a GM a temer un ascenso da loita en tanto non se garanta un futuro para Amberes após o 2010. Klaus Franz, presidente do Comité de empresa europeu da GM Europa declarou, o pasado venres 4, cando fixo a súa visita de solidariedade ao piquete de Amberes : " Si, son optimista mais, se gañamos, todo será grazas á solidariedade". O martes 8 de maio, houbo un novo encontro entre os sindicatos europeus e Forster. No serán, os obreiros da quenda nocturna receberon información dos resultados.
A direción da General Motors (fabricante de Opel) anunciou a súa intención de eliminar ao final deste ano 1.400 postos de traballo na súa factoría de Amberes (Bélxica), dunha plantilla total de 4.500 asalariados. A maiores, 2.800 obreiros dunhas 60 empresas auxiliares perderán o seu emprego. En Amberes, 13.500 familias dependen directamente da produción da General Motors, que considera eliminar outros 9.300 empregos no seu plano de "saneamento". Como é norma, nestes casos, non aparecerán noticias nos tele-xornais, sobre estes despedimentos, nen sobre as loitas obreiras que os confrontan, nen sobre a solidariedade internacional que xeneran. Só nos falarán do ben (ou do mal) que lle vai á Bolsa e aos mercados de "valores".
|
|||||||
| As opinións vertidas nos artigos de opinión, enviados polos nosos colaboradores ou tiradas doutros meios, non teñen porque ser necesariamente compartidas pola CIG. | |||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 11/05/2007 |
|||||||
|