ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 19 de maio de 2007

XXI Convenio da Banca Privada
A negociación en punto morto
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
Polo Convenio Galego da Banca Privada.
 
Na reunión celebrada hoxe 18 de maio, os sindicatos demos contestación á Proposta de Convenio realizada pola AEB na pasada reunión.

Por parte da CIG rexeitamos a proposta da patronal bancaria en base ás seguintes cuestións:

• Un convenio con tan escaso contido social non será asinado polo noso sindicato e moito menos por catro anos.

• Hai reivindicacións na nosa Plataforma que consideramos de gran importancia e que non son tratadas na proposta da AEB.

• De ningún xeito podemos aceptar a pretendida eliminación do termo “vacantes” no artigo 30 do Convenio, pois suporía unha perda de garantías e un aumento na versatilidade do mesmo artigo, xa que elimina unha limitación importante á mobilidade xeográfica e abre a vía para traslados indiscriminados. Tampouco aceptamos que as empresas podan trasladar ao persoal ata os 30 quilómetros.

• Calquera acordo debe contemplar a libranza dos sábados.

• A súa oferta salarial representa unha nova perda de poder adquisitivo. Insistimos na necesidade de impulsar medidas que permitan aos traballadores e traballadoras participar da boa marcha das empresas.

Como contestación, a patronal retirou a proposta de ampliar a mobilidade ata os 30 quilómetros, pero mantén a proposta de eliminar o termo “vacantes”.

AEB pide unha reflexión por ambas partes cara a vindeira reunión prevista para o día 7 de xuño.

En todo caso a reflexión por parte da CIG xa está feita: se queremos que a patronal se mova, teremos que movernos.


Galiza, 18 de maio de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfA negociación en punto morto
pdfPlataforma da CIG para o XXI Convenio da Banca Privada

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta