ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 22 de xuño de 2007

Folga indefinida a partir do 1 de outubro
A asemblea das traballadoras do servizo de limpezas hospitalarias do CHOU decide continuar as mobilizacións

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Limpeza hospitais, convenio xa!; clic para aumentar
Continuarán as concentracións reivindicativas pola negociación do Convenio, diversificando a forma e lugar das mesmas, se ben a próxima será o martes día 26 a mesma hora e sitio que as anteriores, e na que se decidirá o día, hora e lugar da seguinte. (Foto: Imaxe das concentracións que volverán ter lugar o vindeiro martes ás portas do CHOU. ©galizacig.com 18/06/2007).
 
Despois das mobilizacións que tiveron lugar a comezos desta semana, que contaron cun amplo apoio das traballadoras do servizo de limpeza do Complexo Hospitalario de Ourense (CHOU), houbo este mércores asemblea de traballadoras mañá e tarde para avaliar estas mobilizacións e decidir que novas medidas levar adiante.

Nas asembleas de traballadoras da Limpeza de Hospitais que tiveron lugar este mércores 20 de xuño, ademais de facer unha avaliación moi positiva das catro concentracións feitas até agora tanto polo nivel de participación como de unidade amosados, tomáronse os acordos que a continuación imos expor, e que se levarán á práctica se nos próximos días non se retoman as negociacións do Convenio Colectivo ou se estas rematan sen acordo.

O primeiro punto é que continuarán as concentracións reivindicativas pola negociación do Convenio, diversificando a forma e lugar das mesmas, se ben a próxima será o martes día 26 a mesma hora e sitio que as anteriores, e na que se decidirá o día, hora e lugar da seguinte.

A segunda medida que se decidiu adoptar é a convocatoria dunha folga con carácter indefinido a partir do 1 de outubro.


Reunión entre Traballo, Sanidade e o xerente da UTE

Nas asembleas tamén se informou da reunión mantida entre as delegacións de Traballo e Sanidade co xerente da UTE Ferpesa-Extraco de cara a buscar unha solución ao conflito, reunión na que o xerente da UTE se comprometeu a dar unha resposta nun prazo de dous días, e que as asembleas de traballadoras decidiron respectar.

 
 
Informacións relacionadas
20/06/2007 Catro concentracións diante do CHOU
As traballadoras de limpezas hospitalarias mobilízanse pola negociación do convenio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta