ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 22 de xuño de 2007

Diante das sedes centrais dos principais bancos
A CIG contesta un mal preacordo no Convenio estatal da Banca con unha concentración nacional en Vigo

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Polo Convenio galego de Banca; clic para aumentar
Os traballadores e traballadoras da Banca tiveron este xoves un punto de encontro e reivindicación nas rúas de Vigo, onde se xuntaron, no cruce de Colón, para defender o interese dos máis de 6.000 traballadores e traballadoras da Banca que se verán afectados pola sinatura do Convenio estatal en Madrid por CCOO e UGT. (Fotos: ©galizacig.com 21/06/2007).
Polo Convenio galego de Banca; clic para aumentar
Polo Convenio galego de Banca; clic para aumentar
Baixo o lema “Convenio galego xa. Aquí traballamos, aquí negociamos!”, os delegados e delegadas visibilizaban o seu rexeitamento a este preacordo que foi negociado “fóra da mesa de negociación legalmente constituída, e onde o sindicalismo centralista pretende aplicar no sector o Pacto de Contención Salarial”.
Polo Convenio galego de Banca; clic para aumentar
Convenio galego de Banca XA!
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'25'', espazo en disco: 9.830.766 bytes [9,37 Mb]). Realización: Zélia García.
 
O pasado xoves día 21 de xuño preto dun cento de delegados e delegadas da CIG do sector da Banca concentráronse ante as principais Entidades na cidade de Vigo para dar resposta á sinatura dun mal preacordo de Convenio estatal de Banca por parte da patronal AEB e os sindicatos españois CCOO e UGT.

Os traballadores e traballadoras da Banca tiveron este xoves un punto de encontro e reivindicación nas rúas de Vigo, onde se xuntaron, no cruce de Colón, para defender o interese dos máis de 6.000 traballadores e traballadoras da Banca que se verán afectados pola sinatura do Convenio estatal asinado nesta mesma data en Madrid por CCOO e UGT.

Baixo o lema “Convenio galego xa. Aquí traballamos, aquí negociamos!”, os delegados e delegadas visibilizaban o seu rexeitamento a este preacordo que foi negociado “fóra da mesa de negociación legalmente constituída, e onde o sindicalismo centralista pretende aplicar no sector o Pacto de Contención Salarial”, como sinalaba nesta concentración o secretario nacional da Federación da Banca da CIG, Clodomiro Montero.

Nesta concentración os traballadores e traballadoras da Banca permaneceron diante das tres sedes dos bancos (BSCH, Banco Pastor e BBVA) que hai neste cruce de rúas entre Policarpo Sanz, Colón e García Barbón durante preto dunha hora.


Continuidade negativa neste Convenio

Aínda que haberá que esperar a coñecer o redactado definitivo, para a CIG os puntos básicos son unha continuidade dos Convenios anteriores: Perda de poder adquisitivo para o ano 2007 e contención salarial para os vindeiros 3 anos restantes, o Convenio é por 4 anos.

Baixo berros de “o seu beneficio, o noso sacrificio”, “convenios aquí e non en Madrid” ou “CCOO, UGT, sindicatos do poder”, a concentración desprazábase ás portas dun banco ao outro neste cruce de rúas, no que Clodomiro Montero, secretario nacional da Banca, interviña para manifestar que neste convenio “non hai avances en materia de control da xornada laboral, nin en materia de libranza dos sábados. Tampouco incide en materia de emprego nin na contratación. Este é, polo tanto, un acordo baleiro de contido. Para a CIG quen defenden este Convenio entenden que non é necesario mudar nada nas relacións laborais nos bancos e apostan por deixar as cousas como están”.


Apoio maioritario á CIG nas eleccións sindicais para o cambio

Pola contra o apoio maioritario obtido pola CIG nas eleccións sindicais do pasado decembro supón un respaldo claro dos traballadores e traballadoras deste sector a un cambio de marco de negociación e unha aposta clara por un novo modelo de relacións laborais.

Nesta mobilización, os delegados e delegadas da CIG denunciaron que este acordo terá un gran custe para a cidadanía. Como contrapartida á sinatura, UGT e CCOO aceptaron que o Goberno central lexisle para que o Fondo de Reserva da Seguridade Social sexa xestionado pola Gran Banca. Un paso máis na privatización da Seguridade Social e un multimillonario negocio para a Banca.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta