ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 13 de xuño de 2007

Se nunha semana non hai resposta convocarase folga indefinida no sector na provincia de Pontevedra
CIG-Construción reúnese coa APEC para fixar unha data máxima para a Mesa Negociadora do Convenio

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Xosé Xoán Melón (á esquerda) na 1ª xornada da folga da Construción
Xosé Xoán Melón, secretario nacional da CIG-Construción, afirmou despois desta xuntanza que “non se pode facer unha avaliación da xuntanza nin positiva nin negativa. Nós temos un compromiso de que se o luns 18 non nos chaman para ter unha xuntanza da Mesa Negociadora pois imos continuar adiante con todo o proceso de mobilización; enviaremos comunicación aos afiliados e delegados resumindo todo o que aconteceu nestes días desde o anterior folga, convocando ás asembleas e chamando a unha folga indefinida”. (Foto: ©galizacig.com).
 
A CIG e a patronal da Construción (APEC) mantiveron unha xuntanza este luns 11 de xuño durante toda a tarde para tratar á negociación do Convenio provincial da Construción de Pontevedra. A Patronal mantense na súa postura de que até o Convenio Estatal non se asine non se pode avanzar “no marco inferior”.

A patronal da Construción e a CIG estiveron reunidas o pasado luns 11 de xuño para tentar avanzar na negociación cara un novo Convenio na provincia de Pontevedra da Construción. O punto fundamental foi fixar un calendario con datas para convocar á Mesa Negociadora.

A patronal solicitou unha semana de marxe, até que se asine definitivamente o convenio estatal do sector en Madrid.

De novo, situámonos no mesmo contexto no que tivo lugar a convocatoria de dous días de folga por parte da CIG a finais do pasado mes de maio, que contou cun altísimo seguimento, xa que desde a CIG se entende que as negociacións en Madrid e Vigo poden celebrarse de forma paralela, xa que se conta con sentenzas que apoian estes argumentos, e non se entende tampouco desde o sector que existan estas trabas por parte da patronal para lexislar en materia laboral desde este marco provincial.


Compromiso mobilizador

Xosé Xoán Melón, secretario nacional da CIG-Construción, afirmou despois desta xuntanza que “non se pode facer unha avaliación da xuntanza nin positiva nin negativa. Nós temos un compromiso de que se o luns 18 non nos chaman para ter unha xuntanza da Mesa Negociadora pois imos continuar adiante con todo o proceso de mobilización; enviaremos comunicación aos afiliados e delegados resumindo todo o que aconteceu nestes días desde o anterior folga, convocando ás asembleas e chamando a unha folga indefinida”.

Melón tamén fixo referencia á folga no sector da Construción que este martes 12 de xuño e o 13 CCOO e UGT convocaron en Andalucía, mentres se está a negociar o convenio estatal en Madrid, escusa que utilizaban en Pontevedra para non mobilizarse, e engade que “o que non vale para CCOO e UGT en Galiza, parece que si que vale en Andalucía, polas razóns polas que non van á folga aquí, si que poden ir alí, desde logo isto non se entende e imos facelo saber á xente do sector en Pontevedra”.

 
 
Informacións relacionadas
25/05/2007 Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
24/05/2007 Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
23/05/2007 Xosé Xoán Melón, secretario nacional de CIG-Construción:
“Se o noso obxectivo se cumple o 23 e 24 convocaremos folga indefinida na Construción a mediados de xuño”
09/05/2007 Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 13/06/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta