ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 8 de xuño de 2007

O secretario da Sección Sindical no call center de Ourense criticou a política de relacións laborais da empresa
Concentración no SMAC en apoio a un afiliado da CIG sancionado por Office Depot
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Vista SMAC afiliado CIG Office Depot Ourense, clic para aumentar
Dende a CIG xa se ten anunciado que apoiará por todos os medios a este e a todos os afiliados e afiliadas na empresa Office Depot. Ademais, denuncian unha campaña de persecución que ten como fin xustificar o despido dos compañeiros que anteriormente integraban o Comité eliminando calquera voz disidente coa política laboral da multinacional.
 
O pasado 6 de xuño delegados e delegadas da Federación de Banca e Aforro da CIG de Ourense acompañaron solidariamente a un afiliado, secretario da Sección Sindical da CIG no call center da multinacional norteamericana Office Depot, na vista no SMAC do recurso dunha sanción imposta por criticar a política laboral da empresa.

En Office Depot os despedimentos improcedentes son algo habitual. Agora a empresa vén de dar un salto cualitativo, sancionando a un afiliado da CIG por criticar a política de relacións laborais da empresa.

A empresa non compareceu no SMAC, polo que novamente será o Xulgado do Social quen teña que tomar cartas no asunto. Esta sanción é unha clara represalia pola defensa realizada pola CIG de varias traballadoras despedidas improcedentemente por parte da empresa.

A defensa das compañeiras despedidas motivou unha recusación do Comité de Empresa por parte do persoal. O traballador hoxe sancionado fora anteriormente delegado da CIG e chegou a ostentar a Secretaría do Comité de Empresa.

Dende a CIG xa se ten anunciado que apoiará por todos os medios a este compañeiro así como a todos os afiliados e afiliadas nesta empresa. Ademais, denuncian unha campaña de persecución que ten como fin xustificar o despido dos compañeiros que anteriormente integraban o Comité eliminando calquera voz disidente coa política laboral da multinacional.

 
 
Informacións relacionadas
01/12/2006 A empresa vulnerou os dereitos á liberdade sindical, á non discriminación por motivos sindicais e á tutela xudicial efectiva
Office Depot-Guilbert deberá readmitir á traballadora despedida
26/10/2006 Nova mobilización pola readmisión da traballadora despedida de Office Depot, en Ourense
30/09/2006 Tras denunciar ante o Comité de Empresa que estaba sendo sometida a acoso laboral por parte do seu superior
Mobilizacións contra un despedimento no call center da multinacional Office Depot en Ourense
04/10/2005 Office Depot despide a oito persoas do seu cadro de persoal en Ourense
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 08/06/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta