|
Actualidade CIG-Comunicación-
Dende a CIG insistimos en que estas dúas materias, Igualdade e Conciliación da vida laboral e familiar, esixen medidas concretas con criterios obxectivos sobre tres puntos básicos: 1. Contratación. As mulleres sofren unha maior taxa de temporalidade que os homes. 2. Carreira profesional. Do mesmo xeito que no punto anterior, os distintos estudos realizados sobre os cadros de persoal das caixas de aforros poñen en evidencia que os homes promocionan antes. 3. Xornada. A igualdade e a conciliación da vida laboral e familiar non poden reducirse á creación de novos e necesarios permisos. É preciso introducir medidas que permitan un control efectivo da xornada laboral, evitando a extensión ilegal da mesma e, como consecuencia, que se valore a dispoñibilidade horaria como único mérito a efectos de promoción. As medidas para corrixir todas estas situacións xa foron presentadas pola CIG nas anteriores reunións. A cuestión é que a día de hoxe non sabemos cales son as propostas das empresas. Na reunión de hoxe CCOO, UGT e CSICA presentaron unha plataforma conxunta de convenio. A CIG, que non foi consultada a este respecto, está de acordo con gran parte das propostas alí formuladas, pero non contempla medidas destinadas a atenuar a presión comercial e a desregulación das funcións creada pola mobilidade funcional, o maior problema laboral do sector. Neste senso, é necesario limitar a mobilidade funcional creando dous subgrupos profesionais e elaborando un catálogo de postos, tanto para os servizos centrais como para a rede comercial. A próxima reunión terá lugar o 12 de xullo.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2007 |
|||||||||||||||
|