|
Actualidade
Santiago, 19 de xuño de 2007
Substitúe a Fermín Paz, que
causou baixa por motivos de saúde
Incorpórase á Executiva Confederal da CIG María do Carme López Santamariña
| |
 |
| María do Carme López Santamariña,
nova secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais, é ademais secretaria comarcal da Federación
de Administración Pública en A Coruña.
(Foto: ©galizacig.com 18/06/2007). |
| |
O pasado luns día 11 de xuño,
fíxose efectiva a substitución de Fermín Paz Lamigueiro, secretario confederal de Servizos
e Afiliación, por María do Carme López Santamariña. A Executiva Confederal acordou
que Elvira Patiño Ogea asuma a secretaría que, por motivos de Saúde, tivo que deixar Paz Lamigueiro,
e que López Santamariña se ocupe da de Muller e Servizos Sociais.
Tanto Elvira Patiño como Mª do Carme
López anunciaron que asumirían as liñas de traballo e axendas que estaban definidas nas secretarías
respectivas dando así continuidade ao traballo que se viña desenvolvendo.
María do Carme López Santamariña
é ademais secretaria comarcal da Federación de Administración Pública en A Coruña.
|