|
Actualidade CIG-Comunicación-
Atento-A Coruña fixo público un detallado dosier de prensa no que evidencia tanto a deslocalización interna de carga de traballo cara outros puntos do Estado como a implicación do Goberno español na destrución de postos en A Coruña, pois subvencionou a creación dun centro en Jaén e outro en León, a onde desvían grande parte da carga de traballo que a empresa di que se perdeu na cidade herculina. A sección sindical da CIG en Atento considera que este dosier pon de manifesto o cinismo do Goberno español e do PSOE, pois antepuxeron os seus intereses electorais en Andalucía e León (cidade da que é natural Rodríguez Zapatero) á defensa dos postos de traballo en A Coruña. As diferentes administracións controladas polo PSOE, en conivencia con Atento e Telefónica, son tamén responsábeis dos despedimentos en A Coruña pois subvencionaron a creación de centros de traballo en León e Jaén e non puxeron inconvenientes para trasladar a carga de traballo de Atento-A Coruña cara estas dúas cidades españolas, o que provocou que 179 traballadores/as coruñeses fosen á rúa.
Con data de 20 de marzo (día no que se fixeron efectivos os 179 despedimentos no centro de traballo de A Coruña), o Comité de Empresa atopou en Infojobs unha oferta de traballo para 30 teleoperadores/as para o 1004 en León (curiosamente, nos 179 despedimentos de A Coruña, que eran do servizo 1004, a empresa argumentaba que baixara o número de chamadas e sobraban teleoperadores/as). Investigando a partir desta nova, o Comité descubriu que en maio de 2005, o presidente do Goberno español, José Luís Rodríguez Zapatero, anunciaba a creación subvencionada dun centro de novas tecnoloxías en León, onde se situaría Atento. Posteriormente, Joan Clos, ministro de Industria, Turismo e Comercio, inaugura o centro de Atento-León en febreiro de 2007. En xaneiro de 2007, o Consello de Ministros presenta os cartos que aportará para o “Plan Activa Jaén”, no que colaboran o Goberno español, Junta de Andalucía e a Deputación de Jaén. O “Plan Activa Jaén” financia a construción do centro de Atento-Jaén que comeza a funcionar o 17 de abril deste ano atendendo diversos servizos, entre eles o 1004, do que, curiosamente, foron despedidas recentemente 179 persoas do centro de A Coruña co argumento do descenso do volume de chamadas. Con data de 16 de maio de 2007, o Comité de Empresa de A Coruña solicitou unha xuntanza co ministro de Industria, Joan Clos, coa intención de denunciar que esta filial de Telefónica executa despedimentos colectivos encubertos co único fin de lucrarse fraudulentamente ao trasladar os seus servizos de atención ao cliente a outras comunidades autónomas e a outros países. Na mesma data, o Comité de Empresa solicitou tamén unha entrevista co ministro de Traballo, Jesús Caldera, coa mesma intención. Aos representantes dos traballadores/as do centro coruñés resúltalles curioso ver que, en plena campaña electoral, o presidente do Goberno español recibiu o 2 de maio aos empregados de Delphi, aos que lles ofreceu unha solución para os 150 empregados que ían quedar na rúa. Mentres, en Atento-A Coruña, con 179 traballadores/as xa despedidos desde o 20 de marzo e sen saber do futuro do resto do plantel (en A Coruña había 1.240 antes dos despedimentos), o Comité de Empresa non tivo, aínda, ningún tipo de resposta por parte de ningún dos ministerios.
O Comité de Empresa acordou un novo calendario de paros e concentracións como continuación ás mobilizacións iniciadas o pasado mes de marzo polo despedimento de case 200 traballadores/as, que coincidirán cos xuízos que terán lugar ao longo dos meses de xuño e xullo para reclamar a nulidade e/ou a improcedencia dos despedimentos. Convocatoria de folga, paros de dúas horas por quenda: Xoves 28 de xuño:
Martes 3 de xullo:
Xoves 5 de xullo:
Concentracións previas aos xuízos: Xoves 14 de xuño, Xoves 21 de xuño, Xoves 28 de xuño, Luns 2 de xullo, Martes 3 de xullo, Mércores 4 de xullo, Xoves 5 de xullo, |
||||||||||||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
||||||||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/06/2007 |
||||||||||||||||||||||||
|