ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 29 de xuño de 2007

Aproban por unanimidade a iniciativa para saber cal é a afectación real do trazado do TAV sobre a mina de Serrabal e o emprego
O Parlamento apoia a celebración dunha xuntanza entre Administración, Grupo Villar Mir e organizacións sindicais

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Mina Serrabal: Por cen anos máis; clic para aumentar
Demándase, ao tempo, que as conclusións desta xuntanza sexan trasladadas ao Parlamento galego para coñecer as garantías sobre os postos de traballo e a afectación ao desenvolvemento dunha industria con importantes pespectivas de futuro como é a industria solar. (Foto: Concentración o 14 de marzo arredor do edificio administrativo da Xunta de Galiza en demanda dun cambio de trazado do TAV ao seu paso por Vedra e Boqueixón que permita a continuidade da mina de Serrabal. ©galizacig.com).
 
Os grupos parlamentarios aprobaron, por unanimidade, unha proposición non de lei, na que se insta á Xunta de Galiza a promover unha xuntanza entre a Administración, o Grupo Villar Mir e as organizacións sindicais para que se recaben todos os datos necesarios para saber cal é a afectación real do trazado do TAV sobre a mina de Serrabal e sobre o emprego.

A iniciativa reclama tamén que tanto a Administración galega, (nomeadamente a Consellaría de Innovación e Industria) e a empresa presenten os datos e informes cos que contan para saber cal é o grao de afectación do Tren de Alta Velocidade sobre as reservas da mina e sobre o emprego e se se pon en perigo o proxecto de produción de silicio solar. Algo que ademais poría en perigo os centros de traballo de Ferroatlántica en Cee e Sabón.

Demándase, ao tempo, que as conclusións desta xuntanza sexan trasladadas ao Parlamento galego para coñecer as garantías sobre os postos de traballo e a afectación ao desenvolvemento dunha industria con importantes pespectivas de futuro como é a industria solar.

 
 
Informacións relacionadas
26/06/2007 Queren saber a afectación real da mina, senón pararán os tres centros de traballo
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica exixen unha xuntanza con Industria, Traballo e Villar Mir
21/06/2007 A reunión entre sindicatos, traballadores, ADIF, técnicos e Xunta remata sen acordo
Sen avances no conflito de Serrabal
06/06/2007 Os traballadores afectados polo trazado do tren de alta velocidade desconvocan temporalmente as medidas de presión
ADIF comprométese a presentar nunha semana un novo informe sobre o impacto do AVE na mina de Serrabal
05/06/2007 Anuncian accións sorpresa para presionar á Administración galega e a Fomento
Os traballadores de Serrabal exixen o posicionamento da Xunta sobre o trazado do TAV “sen ambigüidades”
28/04/2007 Comprometeuse a respostar en 15-20 días e se non é así adoptaranse medidas
Touriño acepta estudar o cambio de trazado do TAV ao seu paso por Serrabal
24/04/2007 Arredor de 2.000 persoas participaron na manifestación celebrada en Compostela
Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo de Serrabal e Ferroatlántica
14/04/2007 Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo
Os Comités de Ramsa e Ferroatlántica en Cee e Sabón convocan unha manifestación para o sábado 21
21/03/2007 Desde o 2003 piden á Administración un cambio de trazado do TAV que posibilite a explotación e garanta os postos de traballo
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, apoia ás demandas dos traballadores da mina de Serrabal
15/03/2007 Os conselleiros de Industria e Traballo confirman que recibirán aos comités de Empresa
Traballadores de Ferroatlática cortan o tráfico diante da Xunta en demanda dun cambio de trazado
25/11/2006 Demandan un trazado alternativo do Tren de Alta Velocidade
Os traballadores da Mina de Serrabal cortan o tráfico na estrada entre Santiago e Ourense
06/10/2006 Os traballadores da mina do Serrabal paralizan as obras do TAV en demanda dun cambio do trazado
18/08/2006 CIG-Metal manifesta a súa oposición ao trazado do TAV ao seu paso por Vedra e Boqueixón
09/08/2006 Para garantir a viabilidade da explotación mineira e o mantemento da totalidade dos postos de traballo
Os traballadores da mina de Serrabal seguen a mobilizarse por unha modificación do trazado do TAV
29/07/2006 Critica que se centre o problema nos cartos ao empresario e non nos postos de traballo
CIG-Químicas cuestiona a indemnización de 325 millóns a Villar Mir polo peche da mina de Serrabal
14/07/2006 Demandan un cambio de trazado do AVE para que se manteñan os postos de traballo
Os traballadores de Ramsa e Ferroatlántica en Sabón e Cee concéntranse en San Caetano
07/04/2006 Os traballadores de RAMSA preocupados polas informacións publicadas a respecto do trazado do AVE
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/06/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta