|
Actualidade CIG-Comunicación-
Xesús María Pastoriza, da FEGAMT-CIG, explica que ese borrador apenas “clarifica nada” pero si recolle a obrigatoridade de que sexan, en diante, os ambulancieiros quen teñan que facer o labor dos celadores dos hospitais e levar os enfermos aos pisos. “Danlles máis traballo quitándollo ao persoal do SERGAS co cal afecta ás dúas partes, porque podería tratarse dunha reconversión encuberta de persoal do SERGAS” sinala Pastoriza. Alén diso, teñen detectado que se está a reducir o persoal de ambulancias de transporte non urxente mesmo nas bases, mentres que están aumentando o número de servizos que hai que realizar. En todo caso, o máis preocupante é que nin sequera se están a cumprir determinados aspectos dun convenio asinado o pasado ano, logo de moitas mobilizacións, por CCOO e UGT e sen a CIG, que o considerou insuficiente. Entre eses incumprimentos Pastoriza salienta o aspecto económico, o acordo de ampliar o número de ambulancias, que aínda por riba neste borrador recén presentado redúcese, e o control sobre as condicións laborais que impón a patronal. Por iso, con esta primeira concentración o que se pretendía era demandar do SERGAS que cumpra os seus compromisos. Nos próximos días decidirán se hai ou non mobilizacións porque malia teren sido recibidos polos responsábeis do 061, non descartan que calquera declaración que fagan se limite a “palabras bonitas sen compromisos serios detrás”. |
|||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 26/06/2007 |
|||||||||
|