|
Actualidade
A Coruña, 21 de xuño de 2007
A reunión entre sindicatos, traballadores,
ADIF, técnicos e Xunta remata sen acordo
Sen avances no conflito de Serrabal
| |
 |
| Os comités de empresa e os sindicatos
se reunirán proximamente para avaliar a xuntanza do pasado 20 de xuño. (Foto: Concentración de traballadores da mina de Serrabal e de Ferroatlántica
en Cee e Sabón (Arteixo) cortan o tráfico na Praza de Ourense en A Coruña o 5 de xuño
para esixir o cambio de trazado do TAV. ©galizacig.com). |
| |
Non hai avances no conflito do trazado do AVE
a seu paso pola mina de Serrabal. A xuntanza celebrada o 20 de xuño en A Coruña entre os sindicatos,
os comités de empresa, técnicos, ADIF e as Consellarías de Industria, Política Territorial
e Traballo rematou sen acordo.
Suso Seixo, secretario xeral da CIG, explicou
que nesta xuntanza pouco se avanzou pois existen informes contraditorios a respecto da repercusión real
do paso do AVE pola mina. Explicou que, se finalmente o tren de alta velocidade decorre por Serrabal, “é
evidente que van quedar sen explotar moitos millóns de toneladas e, aínda que a explotación
poida continuar no futuro, porase en perigo todo o relacionado co silicio solar”. Seixo salientou a importancia
deste material, cuxa transformación “é unha vía moi importante e con moito futuro para a industrialización
do país e se se mantén o actual trazado todo isto perigaría”.
O secretario xeral da CIG indicou que os comités
de empresa e os sindicatos se reunirán proximamente para avaliar a xuntanza do pasado 20 de xuño:
“A partir desta reunión miraremos o que faremos e que tipo de contestación daremos”.
|