|
Actualidade CIG-Comunicación-
Dende a CIG, na reunión de hoxe, insistimos na necesidade de ter unha proposta seria que leve implícito un incremento salarial con revisión do IPC con carácter retroactivo e unha redución de xornada en sábados libres. De non darse estes mínimos, que son unha necesidade que os traballadores e traballadoras de Banca veñen reclamando de continuo, e que, nalgún caso como no asunto da libranza dos sábados, incide directamente na Conciliación da vida laboral e familiar, a CIG non asinará este convenio. Moito menos aínda, cando se obvian outros temas da nosa plataforma que tamén consideramos importantes. Así pois, consideramos que a proposta da AEB, unha vez máis, será un acordo de escaso contido social, e aínda por riba quedaremos hipotecados nada máis e nada menos que por 4 anos.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/06/2007 |
|||||||||||||||
|