ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 22 de xuño de 2007

XXI Convenio da Banca Privada
A CIG contestou a un mal preacordo con mobilizacións
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Convenio Galego XA!, clic para aumentar
Polo Convenio Galego da Banca Privada.
 
O 21 de xuño, preto dun cento de delegados e delegadas da CIG no sector da Banca concentráronse ante as principais Entidades na cidade de Vigo para dar resposta á sinatura dun preacordo de Convenio por parte da AEB, CCOO e UGT.

Con este preacordo, negociado fóra da mesa de negociación legalmente constituída, o sindicalismo centralista pretende aplicar no sector o Pacto de Contención Salarial.

Aínda que haberá que esperar a coñecer o redactado definitivo, para a CIG os puntos básicos son unha continuidade dos Convenios anteriores: Perda de poder adquisitivo para o ano 2007 e contención salarial para os vindeiros 3 anos restantes, o Convenio é por 4 anos.

Non hai avances en materia de control da xornada laboral, nin en materia de libranza dos sábados. Tampouco incide en materia de emprego nin na contratación. Este é, polo tanto, un acordo baleiro de contido.

Para a CIG quen defenden este Convenio entenden que non é necesario mudar nada nas relacións laborais nos bancos e apostan por deixar as cousas como están.

Pola contra o apoio maioritario obtido pola CIG nas eleccións sindicais do pasado decembro supón un respaldo claro dos traballadores e traballadoras deste sector a un cambio de marco de negociación e unha aposta clara por un novo modelo de relacións laborais.

Durante as concentracións, os delegados e delegadas da CIG denunciaron que este acordo terá un gran custe para a cidadanía. Como contrapartida á sinatura, UGT e CCOO aceptaron que o Goberno central lexisle para que o Fondo de Reserva da Seguridade Social sexa xestionado pola Gran Banca. Un paso máis na privatización da Seguridade Social e un multimillonario negocio para a Banca.

Nos vindeiros días analizaremos máis polo miúdo cada unha das “conquistas” do preacordo, á espera de coñecer o texto definitivo do Convenio Colectivo.


Galiza, 21 de xuño de 2007.

 
Descarga, imprime, difunde...
 
pdfA CIG contestou a un mal preacordo con mobilizacións
pdfPlataforma da CIG para o XXI Convenio da Banca Privada

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta