ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 4 de xullo de 2007

Presentou un recurso na Consellaría e pide unha actuación uniforme dos tribunais
CIG-Ensino reclama unha solución inmediata ao problema das exclusións de opositores por cuestións formais

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  CIG-Ensino esixe que os opositores poidan continuar no proceso selectivo; clic para aumentar
CIG-Ensiono esixe que inmediatamente a Consellaría actúe, dentro das súas competencias, para resolver a problemática xerada co fin de que os opositores poidan continuar no proceso selectivo polo dano irreparable que lles causarían e de cara a evitar que mesmo o resto dos opositores queden a expensas dunha posible impugnación que podería levar a repetir todo o proceso.
 
Diante das exclusións dun número importante de opositores, alegando cuestións de tipo formal na presentación da programación, que en procesos anteriores non se usara para eliminalos, CIG-Ensino fai público o seguinte:

«1. Constátanse interpretacións diferentes na aplicación dos motivos de exclusión por parte dos distintos tribunais, provocando inseguridade xurídica a todos os opositores e en particular dano irreparable ao opositores excluídos.

2. A CIG-Ensino leva estes últimos días realizado xestións diante da Consellaría, entrevistándose cos diferentes responsábeis. Hoxe a Consellaría comprometeuse a estudar a situación.

3. A CIG-Ensino levará este tema a Mesa Sectorial previsto para o xoves dia 5 de xullo, de non estar resolto con anterioridade.

4. A CIG-Ensino presentou un recurso diante da Consellaría por entender que na convocatoria non se recolle como elementos de exclusión algunhas cuestións de tipo formal que aplicaron certos tribunais. En calquera caso sería un motivo de valoración negativa ou mesmo de suspender esta proba, mais non de eliminación de todo o proceso.

5. Informamos aos opositores afectados que deben facer reclamacións diante do propio tribunal e recurso de alzada ante a Consellería de Educación para tratar o seu caso particular. Ao mesmo tempo, de non ser considerada a reclamación, deben solicitar do seu tribunal as razóns por escrito da súa exclusión.

6. Esiximos que inmediatamente a Consellaría actúe, dentro das súas competencias, para resolver a problemática xerada co fin de que os opositores poidan continuar no proceso selectivo polo dano irreparable que lles causarían e de cara a evitar que mesmo o resto dos opositores queden a expensas dunha posible impugnación que podería levar a repetir todo o proceso».

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/07/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta