|
Actualidade CIG-Comunicación-
Ante este bloqueo sen data da negociación, o pleno da ACARL aprobou recomendar ás caixas asociadas o pago de un anticipo a conta do 2% con efectos do 1 de xaneiro de 2007. Na nosa intervención incidimos en que a situación do convenio non é un problema de custes, xa que: Por unha parte as altas direccións das Caixas Galegas incrementaron os seus salarios en torno a un 24% no último ano. Non entendemos como poden subir unilateralmente os seus salarios nesa porcentaxe e pretender que para os traballadores e traballadoras o incremento deba reducirse ao 2%. Por outra parte, as Caixas de Aforros teñen en marcha sistemas retributivos e outro tipo de medidas laborais non negociadas, nas que non lles importa dilapidar contías superiores a ese 2%. En canto á comparativa co convenio de banca, debemos lembrar que falamos de sectores totalmente distintos e dun convenio claramente insuficiente e precario. En todo caso o gran cabalo de batalla da CIG neste convenio é limitar a mobilidade funcional, coa creación, dentro do Grupo 1, dun grupo de Persoal Técnico e outro de Persoal Administrativo, como xa existe no convenio da banca privada. Proposta esta rexeitada de plano polas propias caixas de aforros. Dende a Confederación Intersindical Galega estamos dispostos á unidade de acción co resto das forzas sindicais, co fin de darlle contestación á actuación prepotente e irresponsable da patronal das Caixas.
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 13/07/2007 |
|||||||||||||||
|